De tapas

Un cordeiro con verduriñas asadas e pataca afumada (De Castela a Galicia era o nome oficial da tapa) converteu a La Solana en gañador do concurso de tapas de Ribadeo por segundo ano consecutivo. En segundo e terceiro lugar clasificáronse a Hamburguesa de luriñas do bar Queimada e o Niño de paspallás con ourizo de Rinlo de Casa Pepe (patacas palla, ourizo, ovo de paspallás escalfado). Había máis propostas merecedoras de premio, pero o xurado só podía premiar tres.

Nos seis anos que ten de vida en concurso tiven a oportunidade, como membro do xurado, de comprobar a evolución positiva que cada ano se ve na oferta de tapas ribadense. Este ano, ademais, puiden comprobar como a crise non se notaba nunha estupenda tarde de sábado en que todos os bares estaban ata a bandeira.

O vindeiro venres comeza Santiago(é)Tapas, outro concurso que coñezo desde o comezo e moi a fondo. Por primeira vez este ano realizouse unha preselección que garantise unha calidade mínima da oferta. Nesa preselección eu só vin unha parte das tapas que se presentan a concurso, pero saquei unha conclusión clara: este ano os hostaleiros composteláns vannos sorprender. Máis aínda que en anos anteriores.

3 thoughts on “De tapas

  • 10 de Maio de 2011 at 20:03 08Tue, 10 May 2011 20:03:00 +000000.
    Permalink

    Me alegro de que disfrutaras por Ribadeo, una pena no coincidir …

    Reply
  • 12 de Maio de 2011 at 17:48 05Thu, 12 May 2011 17:48:10 +000010.
    Permalink

    Nueve dias mas tarde, y unas mil tapas despues, ha merecido la pena, como siempre.Me alegra que gente tan renombrada acuda al Ribadeo de Tapeo, porque eso hace mas grande el mismo concurso.Espero que siga por muchos años, porque lejos de ser una mas de las jornadas de tapas y pinchos que se hacen por la zona,se ha convertido en un referente por importancia y participacion, con el trabajo de todos,organizadores,concursantes y jurados.Buena suerte y que siga el apetito…

    Reply
  • 12 de Maio de 2011 at 17:51 05Thu, 12 May 2011 17:51:53 +000053.
    Permalink

    Completamente de acuerdo. El concurso de Ribadeo está muy consolidado y cada año mejora un poco más gracias al esfuerzo de los organizadores, pero también de los hosteleros que se implican en el mismo

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *