Tres galegos, no olimpo dos baristas españois

CaféTres galegos entraron este ano no olimpo dos baristas españois, e un deles por partida dobre.

O 28 e 29 de abril celebrouse en Córdoba o Campeonato de España de Café no que participaban catro baristas galegos que acadaron o primeiro posto en latte-art e se colocaron entre os dez mellores de España no concurso de baristas e no de catas.

Os resultados foron os seguintes:

Campeón de España de latte-art: Damián Seijas, de Chantada (Lugo).

Campeonato de baristas: quinto posto para Xosé Manuel Portela (Fonsagrada, Lugo) e sexto para Óscar del Toro (Santiago de Compostela). Campeón: Javier Fernández, de Bilbao.

Campeonato de cata de café: sexto posto para Damian Seijas. Campeón: Xavi Iglesias, de Cataluña

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *