Artesanía

Pan y empanadas de Amadora (As Nogais).

Las navajas de Manuel, de Cervantes (Lugo)

Un fártase de ler pamplinas sobre artesanía alimentaria e descubre a verdadeira artesanía en pequenas feiras como a do queixo do Cebreiro, que tivo lugar no Xoves Santo de 2011.

Amadora, de As Nogais, convídame a un bolo preñado cun delicioso chourizo picante mentres me conta, fachendosa, que coce o pan e as empanadas (¡que pinta as empanadas!) nun vello forno dos de toda a vida, nos que se fai o lume no interior e, unha vez acadada a temperatura de enfornar, sácanse as brasas e bárrese antes de meter o pan ou as empanadas.

Pregúntolle onde ten a panadería ou o despacho e dime que non existe, que ela so traballa para asistir a algunhas feiras coma esta de Pedrafita. Polo momento so a move a afección, pero asegura que está pensando en montar unha panadería. Que así sexa.

No posto do lado Manuel, ergueito coma unha vara, asente sobre as marabillas deste pan e das empanadas de Amadora, e nun par de ocasións préstalle unha das súas obras para que a panadeira poida cortar pan.

Manuel é de Cervantes e leva tres anos facendo navallas ao estilo tradicional. Pregúntolle a idade e dime que ten noventa anos, camiño dos noventa e un.

Manifesto a miña sorpresa das últimas semanas ao ver como renace un oficio abandonado hai algún tempo en Galicia: o de fabricante de navallas. Hai poucas semanas merquei en Vilalba unha procedente do Páramo (Lugo), feita por un home que so leva un ano no negocio. Agora unha das navallas elaboradas por Manuel xa fai compaña ao resto da miña pequena colección na que dominan as de Taramundi, que ata hai pouco era o único lugar da raia galego-asturiana na que se conservaba a tradición.

Por sorte, cando os Ferreiros de Taramundi prostituíron a súa artesanía incorporando o aceiro inoxidable, renace en Galicia unha artesanía perdida. Teño outras dúas navallas feitas na Pontenova (Lugo), mercadas en setembro en Lourenzá, con motivo da festa das fabas. Todas son de aceiro, sen apelidos (ferro+carbono).

Pídolles permiso a Amadora e Manuel para fotografalos e ambos pousan orgullosos coas súas obras

2 thoughts on “Artesanía

  • 28 de Abril de 2011 at 20:03 08Thu, 28 Apr 2011 20:03:27 +000027.
    Permalink

    Querido amigo:

    Soy de los que aun el pasado no puedo olvidarlo, que tenemos que conservar nuestras tradiciones,las cucharas de madera, las filloas a la piedra , el caldo hecho en la lareira, por mucha tecnología que tengamos, no superara nunca lo que realmente esta bien hecho, sigamos con lo nuestro y nuestras costumbres. Un abrazo.

    Reply
  • 07 de Xuño de 2011 at 13:09 01Tue, 07 Jun 2011 13:09:49 +000049.
    Permalink

    Alguien me podría poner en contacto con Manuel, el herreo de cervantes. Me encantaría comprar alguna de sus navajas.
    Un saludo

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *