Fume na sobremesa

Para min a gran sorpresa da fin de semana pasada en Vilalba arredor do queixo de San Simón foi a sobremesa que nos serviron na comida do sábado, celebrada no Parador de Vilalba: semifrío de queixo de San Simón montado en bica de millo co crema de marmelo e froitos secos.

Un prato sinxelo e clásico, o semifrío (infusionanse as codias do queixo en nata para que deixen o seu aroma, engádese azucre e xelatina e déixase callar na neveira) ofrecía tódolos matices do fume tanto no nariz como na boca. A receita de Marcos Domínguez, o xoven chef do Parador de Vilalba, deixou patente que o San Simón ten un oco no mundo das sobremesas, mais alá que servido en compaña do roscón de Vilalba, forma en que o teño comido moitas veces na capital da Terra Cha.

Co San Simón non fai falta afumador para que o fume estea presente no nariz e na boca.

Lembro agora as croquetas líquida de queixo das que hai algún tempo me falaba Roberto Walter, profesor da Escola Superior de Hostelería de Galicia, onde tamén as facían coa pel do San Simón para aproveitar a súa potencia olfactiva e gustativa

Capítulo Cero, La cocina de Lechuza,

One thought on “Fume na sobremesa

  • 07 de Abril de 2011 at 18:33 06Thu, 07 Apr 2011 18:33:50 +000050.
    Permalink

    Esta forma de trabajar la corteza no se me habia ocurrido (normal) ni tampoco lo habia leido antes. Me lo apunto mentalmente para cuando tenga ocasión. Muy útil.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *