Polbo centrifugado

Contaba nunha ocasión o desaparecido Luis Cordeiro de cando, sendo mestre de Foz, chegou ao Palmira de Vilaronte unha parella con acento vasco que, despois de comer tortilla que fixo famoso o local, preguntaron aos paisanos que por alí andaban como se mazaba o polbo nas súas casas.

A miña muller méteo na lavadora e centrifugao, dixo un dos presentes.

Cordeiro aseguraba ter visto, co paso do tempo, a receita do centrifugado do polbo nun libro, cousa que eu non teño comprobado.

Lembrei o conto mirando en De Bares a reportaxe sobre a pulpería Ezequiel de Melide, onde o polbo se maza e lava cunha… amasadora de cemento.

2 thoughts on “Polbo centrifugado

  • 11 de Abril de 2011 at 19:37 07Mon, 11 Apr 2011 19:37:41 +000041.
    Permalink

    En Ferrol tiña sona o polbo da Burga, que estaba na rúa da Igrexa, do que as línguas marmuradoiras dicían que alí mazaban o animal na placa “turca” do retrete do local.

    Reply
  • 30 de Abril de 2011 at 23:10 11Sat, 30 Apr 2011 23:10:48 +000048.
    Permalink

    É mais habitual do que parece!!!

    Un abrazo Miguel.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *