Manteca cocida

Manteca cocida

Nestes días nos andeis de tendas e supermercados galegos non falta a manteca de vaca cocida, que é común empregar nas orellas de frade do antroido, e que deberíamos considerar o aroma primordial da repostería máis tradicional do país: bicas, galletas, orellas, ricos (unha especialidade de Melide relativamente descoñecida) e multitude de doces máis, de factura tradicionalmente doméstica, acostuman a levar esta graxa.

A manteca de vaca cocida segue presente nas súas receitas, inda que cada vez máis se ven publicacións nas que este produto tan galego se substitúe por manteiga a secas, e sen compaixón.

Resulta curioso ver como en Galicia non lle prestamos gran atención a un produto que noutras cociñas goza dun gran aprecio. Basta facer unha busca na internet para ver como a manteca cocida aparece poucas veces, pero o ghee típico da India está por todas partes, e por certo con afirmacións tan curiosas como que é pura proteína ou que non ten ningún contido en graxa, cando a realidade debe ser, supoño eu, exactamente a contraria.

A manteca cocida, que é o nome galego do ghee, non é máis que o froito do desexo de conservar a manteiga durante un prazo máis longo do que podería aguantar en estado fresco, no que o rancio aparece aos poucos días de ser elaborada, como sabe perfectamente calquera consumidor de manteiga fresca sen conservantes que retrasen o proceso de enranciamento.

Nos próximos días a manteca cocida desaparecerá do comercio e haberá que agardar un ano para que retorne. Sempre quedará, claro está, algún establecemento que a ofreza todo o ano, como a Casa de los Quesos (Rúa Bautizados, Santiago de Compostela) onde é factible atopala con frecuencia.

7 thoughts on “Manteca cocida

  • 09 de Marzo de 2011 at 01:56 01Wed, 09 Mar 2011 01:56:43 +000043.
    Permalink

    Interesante aporte al conocimiento de la cocina gallega tan prolífica y sabrosa. No me cabe duda que de proteínas poco, de grasa mucho, pero ¡qué delicia ha de ser! un abrazo

    Reply
  • 09 de Marzo de 2011 at 08:43 08Wed, 09 Mar 2011 08:43:36 +000036.
    Permalink

    Nestes días tócame acopiar en plan acaparador uns cantos kilos de manteiga, que vai a algo máis de seis euros, para aproveitala o resto do ano. A calidade é bastante peor ca da Casa de los Quesos (aí téñena todo o ano) pero a diferenza de prezo tamén é abismal (arredor dos vinte). Claro que neste último caso a maneira de facela é a tradicional (cocendo a tona do leite) e no resto penso eu que a fan aproveitando o soro de queixería. De calquera maneira a diferenza entre unha e outra e total, e por iso eu reservo a manteiga compostelana para o produto estrela: o roscón. Co resto fago por exemplo torta de millo.

    Reply
  • 09 de Marzo de 2011 at 08:44 08Wed, 09 Mar 2011 08:44:34 +000034.
    Permalink

    Ah, e no da graxa e a proteína ten vostede razón, coma sempre: unha lenda urbá.

    Reply
  • 15 de Setembro de 2011 at 20:41 08Thu, 15 Sep 2011 20:41:03 +000003.
    Permalink

    En Menorca (Baleares) tambien se usaba mucho. No tiene comparación con la mantequilla. Aunque escasea bastante yo la sigo usando, mi abuela me enseño a hacerla pero ahora ya no se vende leche fresca y es dificil encontrar manteca de la buena.
    Y yo pregunto: se puede hacer manteca con un bote de nata líquida? Agradeceria si alguien me puede contestar.

    Reply
  • 14 de Abril de 2012 at 19:36 07Sat, 14 Apr 2012 19:36:11 +000011.
    Permalink

    Yo tenía un problema con la manteca que está a la venta, por contener lactosa. Hace unos quince días probé a cocer un paquete de nata sin lactosa para hacer una rosca y, au que me dio un poco de trabajo, lo conseguí. Shora estoy buscando si se puede hacer con la termomix.

    Reply
    • 26 de Maio de 2018 at 19:21 07Sat, 26 May 2018 19:21:47 +000047.
      Permalink

      Si se puede hacer con la thermomic

      Reply
  • 03 de Abril de 2014 at 01:02 01Thu, 03 Apr 2014 01:02:59 +000059.
    Permalink

    No hace falta hacer acopio de manteca. Hay todo el año en grandes almacenes como El Supermercado del Corte Inglés y en casi todos los lugares que venden quesos del pais, igualmente lo tienen en Alcampo, de gran calidad. Es un ingrediente que se utiliza para hacer “bicas” galletas y roscas de pascua. Forma parte de la cultura culinaria de nuestro pais (Galicia), ya que antiguamente no existían neveras y la mantequilla se cocía para evitar su deterioro o enranciamiento.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *