Grelos
Hoxe comÃn un caldo espectacular, feito con cimós (grelos) traÃdos dende Frexulfe (O Valadouro), dun nabal destinado exclusivamente ao autoconsumo e, polo tanto, apañados como debe de ser: escollendo de antemán os que se atopan no momento óptimo para a recolección e partÃndoos coa man, como sempre se fixo, e non cortando todo afeito, como vexo sempre pola parte de Santiago. Os cimós do meu caldo era da variedade lucense, e non da santiaguesa. Pese a quen pese, a calidade da verdura de Lugo dálle cento unha voltas á do entorno de Santiago, por moita sona que esta teña. Tamén debo dicir que teño comido estupendos grelos procedentes do norte da provincia da Coruña, pero alà é costume empregar a mesma variedade que en Lugo.
Onte, mentres preparaba os cimós (como mandaron moitos parte deles houbo que conxelados, previo escaldado) e facÃa o caldo veume á cabeza o pouco caso que os cociñeiros galegos lle fan a esta verdura tan nosa. E cando ofrecen algún prato con grelos, resulta que o que poñen son follas de grelos, esquecendo que desta verdura o verdadeiramente saboroso e interesante é o cimón, ese talo groso, carnoso e abundante que se presenta moi ben definido nos nabos de Lugo e moito menos diferenciado nos de Santiago.
Igual pasa isto porque os cociñeiros nos que estou pensando son todos da parte atlántica de Galicia, principalmente da cidade da Coruña ao Miño, zona de influencia fundamentalmente da variedade compostelá. Non lles virÃa mal pasar nestas datas pola Mariña ou a Terra Cha. Algúns igual descubrÃan un produto que parecen descoñecer.
Tampouco houbera estado mal que a IXP Grelo de Galicia houbera diferenciado entre as dúas variedades principais.
Onte, despois de refrescar os cimós do Valadouro e mentres os preparaba para ir ao conxelador, na miña cociña habÃa un aroma perfectamente recoñecible por calquera. Para min ulÃa a cimós. Outros dirÃan que ulÃa a mostaza.
Quen os pillara, aqui en Madrid.
Chuchos.
Hola amigo:
No se con que quedarme, si con tus buenos comentarios, o con tus estupendas fotos, la verdad que cuando las miro me entran ganas de comer, jajaj. Un abrazote.
Concordo co da falta de presenza do grelo (agás nas presentacións tradicionais e algunha que outra mÃmesis) na cociña de calidade, e non concordo no da diferenciación entre o globo branco e a variedade Santiago na IXP. De ser asÃ, aÃnda estarÃa resolvendo atrancos en Bruxelas.
Saúdos
Resulta evidente que vostede ve a cousa dende o punto de vista do técnico, señor eSedidió. Eu mÃroa como consumidor e sigo pensando que serÃa bo diferenciar. Porque se hai consumidores que non diferencian un grelo dunha nabiza…
Amigo eSedidio:
Esto del grelo es como la SantÃsima trinidad, tres cosas en una, Nabo, Nabiza y grelo.
Home, eu tamén estou de acordo na diferenciación cara ao consumidor, pero penso que se deberÃa reflectir pola vÃa da información na etiquetaxe e non tanto no regulamento. Non se pode vostede nin maxinar como as gastan en bruxelas á hora de ollar con lupa as especificacións regulamentares. E, por desgraza, faltan estudos (universidade, a que carallo te dedicas?) de diferenciación que se podan aportar como referencia no expediente.
Non sei se está de acordo comigo, pero resulta aÃnda máis sangrante que non se establezan diferenciacións entre as diferentes zonas produtoras de Pataca de Galicia. Calquera que probe unha pataca de Bergantiños, Terra Chá ou A Mariña e a compare con outra da Limia pensará que os da IXP están de coña.
Ten razón, pero xa sabe que se non sae no DOG, no BOE ou onde corresponda, os consumidores non temos dereito a etiquetas claras.
Concordo por completo no das patacas. ¡Onde estea o secano!
Eu teño mercado patacas IXP, xa algo, ou moito, fóra de temporada, en que a metade do saqueto estaban para tirar. Ata teño por aà unha foto daquelas patacas cortadas polo medio, que pensaba mandarlle ao presidente do consello regulador e nunca o fixen.