Cociña para alérxicos ao leite e intolerantes á lactosa

Fálase e escrébese moito, nos últimos tempos, dunha das grandes alerxias alimentarias que están ao noso redor: a celiaquía, a alerxia ao glute dos cereais. Pero non é a única alerxia alimentaria que sofre moita xente.

A alerxia á proteína do leite afecta a moitos rapaces que, afortunadamente, conseguen vencela nunha porcentaxe moi elevada. Pola contra, é unha alerxia que non ten moita incidencia entre os adultos, entre os que si se presenta con certa frecuencia a intolerancia á lactosa.

Por iso me sorprendeu moi agradablemente o libro Que fácil é cociñar sen lactosa, obra de Emma Cavallé, publicado por Editorial Galaxia.

O libro é froito da experiencia persoal da autora, mai dunha rapaza afectada pola alerxia á proteína do leite e a intolerancia á lactosa. Tal como nos contou na radio, o libro naceu como unha necesidade persoal de cociñar para a súa filla alimentos que non contivesen os elementos que lle afectaban negativamente. Foron os amigos os que a animaron a converter nun libro as receitas que gardaba na súa libreta. Un libro que pode axudar a moitos a superar os seus problemas, dos que eu escribía hai preto de cinco anos.

Entrevista a Emma Cavallé. Cadena SER. A vivir que son dos días Galicia

One thought on “Cociña para alérxicos ao leite e intolerantes á lactosa

  • 07 de Maio de 2011 at 01:04 01Sat, 07 May 2011 01:04:51 +000051.
    Permalink

    Este libro me parece una excelente publicación, es sabido que en mucho lugares aun es difícil conseguir alimentos para alergicos e intolerantes, por eso es bueno contar con recetas para preparar esa comida en casa. Muy buen artículo, saludos!!

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *