Banquete en Beiral

Escribe Álvaro Cunqueiro en 1956 sobre os compromisos que terá nese verán e entre eles chámame a atención cando di “tengo que ir a Beiral a verle los once platos a los señoritos de Cercedo, el día de la Asunción de Nuestra Señora.

E cóntanos o mindoniense o menú de tan sinalado día:

Es de rigor, y formado para lo que llaman aperitivos, ‘antipasto’ o entremeses, ofrecer la trucha escabechada, el lacón trufado y los medallones de queso cabrales; sopa y cocido, que se descompone en más de un cerdo, y añade media gallina por barba, y peldaño a peldaño, pasamos por la merluza y el pastelón de anguilas, para caer en los pichones rebozados con bechamel y en la gallina en pepitoria, tras la cual, en la parada, van el cordero asado, la carne al rollo, el gran pastelón de pollo, el arroz con leche, requesón, la tarta de Mondoñedo y la colineta. Las siete de la tarde son cuando alguien, porque no se diga que se remilga en mesa tan generosa, parte la colineta“.

Despois o señorito máis novo lanza unha bomba de palenque dende o balcón para anunciar a todo Beiral que no pazo vaise servir o café.

Abofé que o banquete é digno da festa da patroa e o foguete reproduce o vello costume das terras da Mariña de anunciar con pólvora o remate da comida, como tantas veces teño escoitado polo Valadouro.

Non tería problemas en ir a Beiral de convidado, iso si, previa dose reforzada de omeprazol. Pero se me convidan algunha vez, cousa máis que improbable, enfrontaríame a un grave problema. ¿Onde queda Beiral?.

O nomenclator de Galicia non recolle ningún Beiral, ou polo menos non o atopa o buscador da web da Xunta. Google tampouco atopa ningún Beiral en Galicia, inda que si un no norte de Portugal. Pero no seu artigo Cunqueiro relaciona ese Beiral coa repoboación que da provincia de Lugo fixo o bispo Odoario. ¿Estará Beiral en Guitiriz, onde aparece un lugar denominado Cercedo?

Aparece tamén Beiral en Merlín e familia (1955), a primeira novela de Cunqueiro. Semella que imos estar ante un lugar imaxinado, pero o banquete seguro que se deu moitas veces en moitas festas do patrón.

2 thoughts on “Banquete en Beiral

  • 27 de Xaneiro de 2011 at 10:00 10Thu, 27 Jan 2011 10:00:41 +000041.
    Permalink

    Istos banquetes non se estilan xa.
    Entre as cousas que me gustaria facer e se que non vou a facer neste mundo está participar en un banquete… vikingo.

    Oh!, todo asado, abundante, colesterólico e ¿Díxen xa abundante?
    Pois eso 🙂

    Reply
  • 28 de Xaneiro de 2011 at 21:11 09Fri, 28 Jan 2011 21:11:25 +000025.
    Permalink

    Aquí, en la parte da Asturias de habla gallega, hay un monte llamado Beiral y un pequeño curso de agua con el mismo nombre. Por cierto, el monte es un enclave muy cunqueiriano, porque alberga un castro relacionado con minas de oro romanas. En mi parroquia hay incluso una Casa de Beiral.. pero ni rastro de los señoritos de Cercedo.

    Aunque a veces Cunqueiro menciona en sus historias lugares de esta comarca (los Oscos, Taramundi…), no creo que sea este el caso. Quzá se trate de un lugar imaginado, o puede que no.

    En todo caso, suerte con las pesquisas literario-gastronómicas, que siempre son interesantes.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *