[lang_es]Las primeras lampreas del año[/lang_es][lang_gl]As primeiras lampreas do ano[/lang_gl]

Foto: Eduardo Sánchez, prohibida a reproducción

Hoxe os Reis Magos chámanse Pepe e trouxéronnos de agasallo as dúas primeiras lampreas da temporada en Galicia, capturadas no río Miño, das que demos boa conta o fotografo Eduardo Sánchez (unha das persoas que coñezo que máis saben sobre lampreas), Giadás e Xurxo Fernández (El Correo Gallego), Pepe, propietario de A Barrola, e quen isto escribe.

A lamprea, guisada con viño albariño e barrantes, e acompañada de arroz branco e picatostes, como mandan os cánones, resultou deliciosa, cun punto de acidez no prebe, que Pepe atribúe ao emprego de barrantes, que lle da un frescor que convida a probar una anaco máis, pero xa se sabe que despois a súa dixestión é lenta.

Aínda así, demos conta cada un de tres anacos, e non pequenos, que formaban unha ración do máis xenerosa. Antes, para que o ciclóstomo lembrase nos nosos bandullos as augas do Atlántico, tomamos unhas ameixas crúa de Carril, aromatizadas con xenebra, que eran un portento da natureza, pero non lles quedaron á zaga as vieiras de Cambados con xamón ibérico, tan fermosas que había que facer tres anacos de cada unha para poder levalas á boca. Na sobremesa unha sopa de plátano con pisto de torta de améndoas e xeado de turrón. Viños da Ribeira Sacra, comezando por un Viña Romana e continuando con Guímaro e Régoa.

Almeja

Vieira

4 thoughts on “[lang_es]Las primeras lampreas del año[/lang_es][lang_gl]As primeiras lampreas do ano[/lang_gl]

  • 07 de Xaneiro de 2011 at 23:10 11Fri, 07 Jan 2011 23:10:48 +000048.
    Permalink

    Me cagho na tos, non ande provocando polo mundo adiante que o vou retar a un duelo.

    Reply
  • 07 de Xaneiro de 2011 at 23:11 11Fri, 07 Jan 2011 23:11:47 +000047.
    Permalink

    Como se lle ocorre por as fotos, e contar todo isto? E vostede un provocador, iso si de envexa.

    Reply
  • 08 de Xaneiro de 2011 at 21:08 09Sat, 08 Jan 2011 21:08:06 +000006.
    Permalink

    Sana envidia la que siento al veros disfrutar de este maravilloso manjar que es la Lamprea.

    Por cierto, impresionante la foto de la almeja en la palma de la mano …

    Reply
  • 09 de Xaneiro de 2011 at 13:27 01Sun, 09 Jan 2011 13:27:23 +000023.
    Permalink

    Carqueixa, batímonos cando desexe. Elixa armas: percebesdo Roncudo ou cocido con botelo.
    Tony, las almejas eran espectaculares. Y riquísimas aromaizadas con G’Vine

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *