[lang_es]Vedas y períodos hábiles para el marisco en 2011[/lang_es][lang_gl]Vedas e períodos hábiles para o marisco en 2011[/lang_gl]

Zamburiña

Como cada ano, a Xunta de Galicia regula os períodos hábiles de capturas de mariscos en Galicia. Na seguinte táboa inclúense as datas en que se poden capturar crustáceos. Os moluscos (ameixas, ostras, vieira, polbo, etc.), equinodermos (ourizos), algas e outros crustáceos coma o s percebes réxense por plans de explotación que se poden consultar no DOG.

Especie Períodos autorizados para o ano 2011
Centola (provincias da Coruña e Pontevedra) do 2 de xaneiro ao 31 de marzo
do 1 de xuño ao 31 de agosto
do 6 de novembro ao 31 de decembro
Centola (provincia de Lugo) do 2 de xaneiro ao 31 de marzo
do 1 de xuño ao 31 de agosto
do 27 de novembro ao 31 de decembro
Nécora (Necora puber) (1) do 3 ao 5 de xaneiro
do 4 de xullo ao 30 de decembro
Lumbrigante (Homarus gammarus) do 1 de xullo ao 31 de agosto
Lagosta (Palinurus elephas) do 1 de xullo ao 31 de agosto
Santiaguiño (Scyllarus arctus) do 3 de outubro ao 30 de decembro
Cangrexo (Carcinus maenas) Todo o ano
Conguito (Macropipus corrugatus) do 3 xaneiro ao 31 de marzo
do 1 de xullo ao 30 de decembro
Patulate (Macropipus depurador) do 3 xaneiro ao 31 de marzo
do 1 de xullo ao 30 de decembro
Boi (Cancer pagurus) do 3 de xaneiro ao 30 de xuño
do 27 de novembro ao 30 de decembro

(1) O período de extracción da nécora poderá verse modificado en función do período de veda que poida establecerse para o polbo (Octopus vulgaris)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *