[lang_gl]Polbo con pipas[/lang_gl][lang_es]Pulpo con pipas[/lang_es]

Pulpo con pipas

Pulpo con pipas. Cada un dos venres que como, con présas, na Tapería Castelao, nesa hora que me queda entre a saída do traballo e a hora de gravar na Cadena SER, lía o nome do prato e facía firme propósito de probalo o antes posible.

A proba tivo lugar o derradeiro xoves de 2010 e hei de recoñecer que o resultado é moito mellor do agardado. Trátase dun polbo á prancha, frecuente dun tempo a esta parte en Galicia, cun prebe de aceite e bo pemento doce da Vera.

Pero ten chispa. As pipas non me parece que aporten nada ao gusto do polbo e do pemento, pero a súa textura, tan diferente da do cefalópodo, fai que a mestura resulte moi interesante. ¡Que divertido! pensei co primeiro bocado.

A Tapería Castelao é un dos locais emblemáticos de Santiago nesta materia, respaldado por varios premios obtidos nos concursos de tapas da cidade, o Santigo(é)Tapas.

A media ración de polbo da fotografía acompañeina cun prato de Vaca vella. Carne de vaca acompañada de patacas e pementos fritos. ¿Apetitoso, non?. A carne e os pementos moi ben, as patacas manifestamente mellorables.

Con dúas cervexas a cousa saíu por 23,75. A casa convidou ao café e, malia rexeitar eu a sobremesa, tamén me agasallaron cunha trufiña de chocolate e dous anacos de turrón caseiro.

Vaca

One thought on “[lang_gl]Polbo con pipas[/lang_gl][lang_es]Pulpo con pipas[/lang_es]

  • 23 de Agosto de 2013 at 11:25 11Fri, 23 Aug 2013 11:25:02 +000002.
    Permalink

    Hola Mabel!!! Mil gracias, ya creo que lo llevo ecadchsuo como 8 veces, y cada vez descubro algo nuevo. Me cuesta mucho trabajar las expectativas, pero sigo soltando. Mil gracias. Quiero verte pronto en Argentina. Gracias por este hermoso material. Gracias gracias gracias te amoooo

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *