[lang_gl]A CUNCA NÚMERO 22[/lang_gl][lang_es]LA “CUNCA” NÚMERO 22[/lang_es]

Juan Antonio Mesejo

A partir do número de xaneiro colaboro na revista da Asociación de Hostelería de Santiago, comezando con esta historia de Los Sobrinos del Padre

Deixou Álvaro Cunqueiro, sen dúbida algunha o mellor escritor gastronómico da nosa historia, encetada a historia das tabernas galegas, composta de media ducia de artigos publicados na revista Finisterre ao longo do ano 1946, cando aínda non vira a luz a súa primeira novela, Merlín e Familia, que é de 1955.

Sírvelle a Cunqueiro o primeiro artigo da serie para lembrar como, con nove anos, coñeceu o viño na taberna do Rulo, en Riotorto (Lugo) e para escribir algunhas das máis fermosas palabras que se teñan lido sobre as tabernas compostelás: “… donde realmente se bebe es en las tabernas de Santiago de Compostela. Se bebe allí un vino que ha aprendido a trepidar en las barricas cuando repican las campanas basilicales. Algo pasa en las tascas compostelanas, en el Padre Benito, el Túnel, el Senado, el Tanque… los vinos del país van a mejor, se reposan y anchean, toman una temperatura humana y grave, y parece como si fuese allí, en Compostela, bajo la camelia de aquel cielo sacro, donde se descubren las íntimas cales de los vinos del Miño y del Avia, del cabal Espadeiro, de los benedictinos albariños“. ¿É unha chiscadela aos poemas galegos de García Lorca esa referencia á camelia compostelá?.

Cunqueiro foi universitario en Compostela en 1927 e lembra ben as tabernas da cidade, tanto que o terceiro artigo da serie está dedicado a “El Padre Benito”, hoxe máis coñecida por Los Sobrinos del Padre, inda que o nome completo do establecemento é Los Sobrinos del Padre Benito, como nos aclara o seu propietario, Xoán Antonio Mesejo mentres fai as contas con lápiz no mármore do mostrador, quinta xeración dunha familia dedicada a este establecemento e que xa ten sucesión no seu fillo, que traballa con el.

A aclaración é importante xa que andan por aí, frase feita que na actualidade quere dicir en internet, interpretacións diversas sobre a orixe do nome da taberna que finalmente ven dun cura, o Padre Benito, que ao parecer funda o establecemento e llelo deixa en herdanza aos sobriños.

Case dúas décadas despois das súa andanzas compostelás, vese que Cunqueiro escribe de memoria e sitúa Padre Benito na rúa da Raíña, cando a taberna leva case dous séculos no mesmo sitio, na praza da Fonte de San Miguel.

E conta tamén o escritor mindoniense que daquela a taberna era lugar de reunión de intelectuais hoxe de sona: Carballo Calero, José María Castroviejo ou o mesmo don Álvaro, e cada un tiña unha cunca persoal para o viño. “Yo tenía la taza número 22. El escultor Eiroa tenía la taza número 23“, escribe.

Estes días achegueime a Los Sobrinos del Padre por ver esas cuncas numeradas e procurar ter nas miñas mans esa número 22 e ata tomarlle un Ribeiro con ela, de permitilo o propietario, para dar satisfacción á parte mitómana da propia personalidade. No Padre Benito continúa servíndose o Ribeiro en cuncas, pero xa non están as numeradas nin os vellos bocois que servían de mesa para tomar os viños ou o polbo.

Xoán Antonio miraba para a rúa a través dos cristais do escaparate. ¡Quen sabe se agardaba visita!.

5 thoughts on “[lang_gl]A CUNCA NÚMERO 22[/lang_gl][lang_es]LA “CUNCA” NÚMERO 22[/lang_es]

  • 31 de Decembro de 2010 at 02:08 02Fri, 31 Dec 2010 02:08:38 +000038.
    Permalink

    La verdad es que cuando voy a Santiago, nunca dejo de visitar a los Sobrinos del padre, primero por el buen producto que tienen, segundo la amabilidad con que lo atienden, y tercero por el sitio exebre con que esta decorado el local,no dejen de visitarlo es lo mejor de Santiago.

    Reply
  • 03 de Xaneiro de 2011 at 11:53 11Mon, 03 Jan 2011 11:53:11 +000011.
    Permalink

    pier, sin duda una buena recomendación. Además resulta muy divertido ver al propietario hacer las cuentas con lápiz en el mármol del mostrador, mientras a sus espaldas tiene un caja registradora que calcularía sola
    Freddy, que 2011 nos traiga muchas páginas cunqueirianas.

    Reply
  • 05 de Xaneiro de 2011 at 09:56 09Wed, 05 Jan 2011 09:56:40 +000040.
    Permalink

    Terei que darlle outra oportunidade, sinto non ser da misma opinión.

    Reply
  • 09 de Xaneiro de 2011 at 04:19 04Sun, 09 Jan 2011 04:19:08 +000008.
    Permalink

    es uno de los mejores sitios de compostela, se sirve el mejor pulpo y los pimientos de padron, son de calidad orgullo de la familia mesejo. mis respetos.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *