Grelos cuarta gama… made in USA

Pensábamos que A Rosaleira era a primeira empresa en elaborar grelos de cuarta gama cando un lector e amigo galego, residente en Fort Wayne (Indiana, Estados Unidos) nos deixa caer estes turnips cultivados por outro galego en Carolina do Sur. Segundo indica o amigo Pier no seu correo “están riquísimos e non teñen nada que envexar aos galegos”.

Con estes grelos frescos, e os chourizos da casa Rouco, tamén elaborados por una galego, Pier fai o caldo en Indiana.

E cos grelos de lata uns estupendos revoltos.

Hai tempo xa contei de cando atopei en Miami o caldo gallego enlatado, elaborado en Estados Unidos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *