Evolution

Arroz con codium y berberechos

Como todo ser vivo, as receitas de cociña nacen, medran, reprodúcense e morren. Pero poucas veces é tan visible o proceso como nunha estupenda receita de Marcelo Tejedor, que o cociñeiro bautizou como “Carnaroli & codium cream” e que pubicou no número nove da revista Apicius, publicado en novembro de 2007.

A primeira evolución, que eu coñeza, da receita, chegou da man de Antonio Botana (restaurante Pandemonium, Cambados), que cando eu o probei lle engadiu un berberecho deses impresionantes, dos que poucas veces se ven.

En Pandemonium probou este rissoto con codium o autor de La Cocina Delokos, que o modificou ao seu xeito para dar lugar ao risotto picante de codium.

Atopo unha terceira evolución da receita en El Aderezo, que recuperan os berberechos de Botana e agregan uns brotes de Daikon. Os autores de El Aderezo confesan terse inspirado na receita de Delokos. ¿Quen se inspirará na de El Aderezo? ¿Cantas evolucións máis terá a receita nos próximos tempos?.

2 thoughts on “Evolution

  • 15 de Decembro de 2010 at 10:55 10Wed, 15 Dec 2010 10:55:42 +000042.
    Permalink

    Esta foto es malísima y no te digo nada del aspecto del plato…Abrir un poco más.

    Reply
  • 15 de Decembro de 2010 at 11:36 11Wed, 15 Dec 2010 11:36:48 +000048.
    Permalink

    Se ve que hay opiniones para todos los gustos.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *