Soles Repsol en Galicia

Despois das estrelas chegan os soles. Os da guía Repsol, que continúa abondo rácana coa cociña galega, inda que desta volta non fixeron a falcatruada de retirarlle as súas estrelas a Marcelo, cousa que si fixeron hai uns anos, dunha maneira que ninguén entendeu, como non se entendeu este ano o comportamento de Michelin.

Na nova edición da Repsol, presentada esta semana, Galicia conta con catro restaurantes distinguidos con dous soles: Casa Marcelo (Marcelo Tejedor), Galileo (Flavio Morganti), Pepe Vieira Camiño da Serpe (Xosé Cannas) e Casa Solla (Pepe Solla).

Un sol corresponde a Mesón Retiro da Costiña, Ana, Casa Pardo, Dos Reis (restaurante do Hostal dos Reis Católicos), El Refugio, Playa Club, Nito, A Rexidora, Casa Alfredo, Casa Bóveda, Culler de Pau, La Oca, Maruja Limón e Yayo Daporta.

Resulta evidente que os criterios de Repsol e Michelín son bastante diferentes.

Pero non se entende que na Guía Repsol (polo menos na edición dixital) nin aparezan restaurantes como Pandemonium (Cambados), Páprica (Lugo), Pedro Roca, Acio, Abastos 2.0 ou A Tafona (Santiago de Compostela). Imaxino que faltarán máis casos destacados, pero o buscador da erros continuamente e non me permite contrastar algunhas informacións.

One thought on “Soles Repsol en Galicia

  • 12 de Decembro de 2010 at 20:40 08Sun, 12 Dec 2010 20:40:58 +000058.
    Permalink

    Hola! taberna de Rotilio 2 soles. Un saludo!

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *