Polvorón

Un cae na tentación de pensar que a améndoa é o compoñente principal dos doces típicos do Nadal e, cando mira as etiquetas, do que cae é do burro.

Confeso que nunca mirara a etiqueta dun polvorón ata hai uns días. E sorprendeume ver que cun tres por cento de améndoa se etiquete como “polvorón de almendra”. Xa estamos como coas margarinas con aceite de oliva, pensei.

Buscando unha norma de calidade sobre este produto din co regulamento da IXP “Mantecados de Estepa”, que regula mantecados, polvoróns, roscos de viño e alfajores.

O contido mínimo dos polvoróns acollidos á IXP é do 8 por cento para os etiquetados como “de almendra” e o 15 por cento para os “caseiros” ou “artesanos”. En ambos casos ata o 75 por cento é fariña de trigo e manteiga de porco.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *