E ti, ¿que pegada deixas?

Temos que convencernos: todos contaminamos en maior ou menor medida.

Pero sempre teremos a posibilidade de reducir esa pegada que as nosas actividades van deixando no planeta, e ás veces é ben doado facelo, inda que o problema está en saber cómo. A información é fundamental e chéganos en doses reducidas e, sospeito, moitas veces enmascarada.

Co obxectivo de loitar contra esa pegada, que se materializa no carbono que liberamos á atmosfera e na auga que consumimos en cada unha das nosas actividades, nace a asociación Energocina, creada en Ourense e presidida polo cociñeiro Flavio Morganti.

Energcocina é unha asociación sen ánimo de lucro que ten como obxectivo fomentar a identificación da pegada de carbono e hídrica que cada produto ou actividade deixa detrás de si.

Non tardaremos moito en ver as margaritas identificativas da asociación nas etiquetas de produtos que atopamos no mercado ou en restaurantes, coma o Galileo, que foi o primeiro en obter a súa etiqueta, porque o mellor que o presidente da asociación pode facer é dar exemplo.

Todos podemos ser socios de Energcocina. E ademais é de balde. Basta con reencher o formulario e remitilo por correo electrónico.

2 thoughts on “E ti, ¿que pegada deixas?

  • 20 de Novembro de 2010 at 11:06 11Sat, 20 Nov 2010 11:06:48 +000048.
    Permalink

    De verdade que non é a miña intención exercer outra vez de tokahuevos, pero é que andiven a fedellar nas ligazóns que deixa vostede (na de facebook non, que xa sabe que son un repunante e téñoo vetado) e non atopo información, senón só propaganda. Por exemplo, non dou atopado cal á sistemática de certificación da pegada de carbono e, sobre todo, quen é a entidade de certificación. Espero polo seu propio ben que non sexa a mesma asociación a que certifica aos seus membros.
    Conste que a inciativa en si non semella ser mala, e polo que eu sei o señor Morganti é persoa seria e chea de boas iniciativas. A ver se me fai vostede o favor de indicarme onde podo atopar algo máis de información precisa.

    Reply
  • 20 de Novembro de 2010 at 11:15 11Sat, 20 Nov 2010 11:15:07 +000007.
    Permalink

    Amigo eSedidió, na web da asociación (http://www.energcocina.org, inda está en obras ata comezos de decembro) atopará máis información en forma de pdf.
    Pode visitar o enlace de facebook, que é unha páxina aberta sen necesidade de rexistrarse e na que poderá ler que a empresa certificadora é Solid Forest

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *