A Vilalba, a comer capón

Pareja de capones

¿E ti, xa probaches o capón de Vilalba?. Pois agora tes unha oportunidade de ouro: comer o capón de Nadal antes de que chegue a data. Antes incluso da feira que cada ano ten lugar en Vilalba na fin se semana anterior ao Nadal.

Este é o programa:

Data: sábado 11 de decembro de 2010

Lugar: Vilalba (Lugo) e Rábade (lugo)

Punto de encontro: Rábade

Desde Rábade un autobús levaranos a visitar unha explotación de capóns de Vilalba onde poderemos coñecer o proceso de cría dos mesmos.

Antes do xantar, breve visita ao casco histórico de Vilalba, coa posibilidade de facer algunhas compras nunha das mellores tendas de queixos de Galicia.

Xantar en Vilalba: xamón afumado de Vilalba, queixo D.O. San Simón da Costa (tres curacións, 45 días, 90 días e 180 días), revolto de grelos chairegos, boletus da Terra Cha, Capón de Vilalba recheo de tenreira e verduras, rosca de améndoas de Villalba, café, e Viño D.O. Ribeira Sacra (Proencia).

A media tarde o autobús levaranos de novo a Rábade. Alí o campión de Galicia e subcampión de España de elaboración de gin tonic, Alejandro Gómez, vainos ofrecer un cursillo-degustación sobre o combinado.

Prezo: 70 euros por persoa (prazas limitadas)

Os interesados deben confirmar asistencia cun correo electrónico a info@colineta.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *