Grelos de cuarta gama

A firma máis antiga de Galicia en materia de conservas vexetais, A Rosaleira, volve innovar coa saída ao mercado dos grelos de cuarta gama, que prevén estean no mercado o próximo 15 de novembro, podendo atoparse nos establecementos dos grupos Gadis e El Corte Inglés, polo menos.

Xosé Sánchez García, mestre de O Rosal, fundaba a fábrica na década dos trinta do século pasado e tamén na mesma década plantaba os primeiros mirabeles da zona, traídos directamente da Selva Negra alemá.

Os seus descendentes adaptan agora un dos produtos emblemáticos da cesta da compra galega ás máis modernas tecnoloxías.

Pero os grelos de cuarta gama de A Rosaleira non van ser os únicos no mercado galego se chega a bo porto o traballo de I+D+i que está a levar a cabo a empresa lucense Obenfield, S.L., dirixido tamén ao grelo de cuarta gama.

Os grelos que A Rosaleira enlata dende hai tempo prodúcense en Ordes e agora están experimentando co cultivo en Silleda. Os de Obenfield supoño que serán lucenses. Xa estou con gañas de ver uns e outros no mercado, inda que eu prefiro, con moito, os grelos lugueses.

Bolsa: 300 gramos, 2,55 euros.

3 thoughts on “Grelos de cuarta gama

  • 09 de Novembro de 2010 at 19:17 07Tue, 09 Nov 2010 19:17:39 +000039.
    Permalink

    Me parece una idea estupenda, tanto para el mercado gallego, aunque quizás aquí no sea tan necesario, ya que el grelo fresco es muy accesible, como para poderlo “exportar” a otras partes de España, donde muchas veces es difícil encontrar grelo fresco. ¡¡¡A buen seguro que la idea será un éxito!!!

    Reply
  • 10 de Novembro de 2010 at 09:21 09Wed, 10 Nov 2010 09:21:42 +000042.
    Permalink

    Yo que vivo en el triste extraradio Barcelonés me veo comprando una bolsa de grelos de vez en cuando. Al fin y al cabo mi reina galega bien se lo merece.

    Pero con ese precio, a mi suegra de Bergantiños ni se lo propongo. Supongo que irá orientado a un segmento de población urbano y de nivel adquisitivo medio-alto. En todo caso, me alegro de su lanzamiento y a ver si llegan hasta Barcelona 🙂

    Reply
  • 05 de Decembro de 2010 at 23:16 11Sun, 05 Dec 2010 23:16:53 +000053.
    Permalink

    Aqui, en Fort Wayne, Indiana, EE.UU, tambien hay grelos, ya cortados y en bolsas de plastico, estan como los de mi tierra gallega, y gracias a ellos puedo hacer mi caldiño, jaja
    Una apreta…Pier

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *