O Papa non comeu tetilla

Tetilla

En 21 anos nada cambiou. Polo menos no referido ao menú que comeu o Papa en Santiago de Compostela.

En 1989 Xoán Paulo II visitaba Santiago por segunda vez. Era agosto pero na mesa non faltou o caldo galego, que o Papa comeu con moito gusto, segundo nos contaba o sábado na SER Paco Vilas (Casa Vilas) o responsable do banquete ofrecido a un séquito de arredor de 120 persoas. Tamén houbo empanada, mexillóns, ameixas, polbo, salpicón de lumbrigante, xarrete con patacas, tarta de Santiago e filloas. O Papa, que estaba delicado, comeu o caldo, o salpicón sen vinagreta e unha pescada. Acompañou o banquete un godello da adega Viña Godeval (D.O. Valdeorras) e unha vez que Xoán Paulo II se retirou a descansar o séquito seguiu con licores galegos e puros.

Bieto XVI chegou a Compostela en novembro, pero tamén comeu empanada, un caldo convertido en crema de grelos, xarrete, tarta de Santiago e filloas. E ademais tres queixos galegos: Arzúa-Ulloa, San Simón e Cebreiro. ¿E porque non tetilla? ¿Acaso o seu nome é un problema?. Dende logo a forma non, porque o San Simón é moi semellante.

A comida acompañouse con viño do Ribeiro Pazo Baión, da D.O. Rías Baixas.

Resulta evidente que en 21 anos os gustos do clero compostelán non parecen ter cambiado moito. Por certo, en 1989 a conta pagouna Casa Vilas, con axuda dalgúns dos seus provedores. ¿Pagaría o Carretas a de 2010? Algún día se saberá, inda que eu penso que si.

Nota: Pazo Baión se sirvió en la comida de los príncipes y autoridades, en la del Papa ribeiro.

7 thoughts on “O Papa non comeu tetilla

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *