Viño e literatura en Compostela

Rosalia de Castro

Levo décadas relacionando gastronomía e literatura porque en Galicia o difícil é atopar un escritor que, antes ou despois, non dedique unha parte da súa escrita ás cousas do comer e o beber. Dous dos meus libros exploran o que se come e bebe en dúas novelas ben galegas, como son Mazurca para dos muertos (Camilo José Cela) e Merlín e Familia (Álvaro Cunqueiro).

Por iso sempre me causa unha especial satisfacción dar novas como a presente: o profesor Xavier Castro inicia un ciclo de charlas con cata e degustación arredor do mundo do viño e a literatura. Ao longo dos meses de novembro, decembro e xaneiro falarase da relación co viño de autores como Charles Baudelaire, Álvaro Cunqueiro, Miguel de Cervantes, Ramón María del Valle-Inclán, Aymeric Picaud (autor da primeira guía de peregrinos,
incluída no Códice Calixtino, onde alude ao viño no Camiño de Santiago), Rosalía Castro, Emilia Pardo Bazán, Federico García Lorca, Pablo Neruda e Ernest Hemingway.

Os interesados poden preguntar e inscribirse en Lar das Meigas (Rúa do Vilar, nº 47 Baixo) en Santiago de Compostela. Teléfonos: 665 212 825 / 981 565 122. E-mail: lardasmeigas@gmail.com

2 thoughts on “Viño e literatura en Compostela

  • 30 de Decembro de 2010 at 23:16 11Thu, 30 Dec 2010 23:16:21 +000021.
    Permalink

    Llegué hoy a este blog por el comentario que dejaste en el mío (Duelos y quebrantos: http://wwwconuqueando.blogspot.com). Realmente me gusta mucho tu trabajo. Y esto del nexo literatura y gastronomía es lo que más me mueve. Por acá seguiré curioseando y aprendiendo. Saludos.

    Reply
  • 03 de Xaneiro de 2011 at 11:50 11Mon, 03 Jan 2011 11:50:38 +000038.
    Permalink

    Gracias, Freddy, también a mi me gusta tu blog.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *