Cervexa de garaxe

Hai xentes que pensan que so o que chega de fóra é bo, sen decatarse de que se enganan a si mesmos e, o que resulta máis grave, aos seus clientes. Outras, pola contra, non atopan fóra do país nada comprable co noso. Son dúas posturas extremas e, evidentemente, equivocadas ambas.

De cando en vez únenselles a política e xa a cousa toma rumbos absurdos. Lembren aquel boicot ao cava catalán.

En Galicia somos moito dos segundos. A noso por diante de calquera outra cousa. E ata hai quen está disposto a darlle ás cousas todas as voltas que sexan precisas para facer noso o que non o é.

O pasado primeiro de xuño expresaba as miñas dúbidas sobre se a cervexa “Gallaecia”, que se anuncia como “cervexa celta” se producía en Galicia ou viña de fóra do país. Tardei un mes en conseguir falar co responsable da mesma, quen me asegurou por activa e por pasiva que a cervexa saía da fábrica de San Amaro, en Redondela e que estaban preparando unha nova fábrica en Mos.

Daquela contaba Gómez que non querían facer moito ruído coa cervexa xa que a capacidade de produción era pouca e non tiñan seguridade de poder abastecer tódolos bares que a demandaban. Malia todo, hoxe a cervexa pódese mercar en Alcampo, polo menos en Santiago, polo que é de supoñer que os problemas de produción se solucionaron.

Digo que é de supoñer porque Miguel Gómez xa non atenden as miñas demandas de información. Nin por teléfono, nin por correo electrónico. Vaia, que ata en facebook lle pedín que me admitira como amigo e deu a calada por resposta. Tamén lle pedín que me facilitase unha visita á fábrica de San Amaro para ver persoalmente o proceso de produción da cervexa e tampouco contestou.

Ata que hai pouco unha persoa de “dentro” me dixo que a cervexa non se producía en Redondela, senón que era importada de Hungría e en Redondela unicamente se envasaba.

A fotografía corresponde ao número 16 da rúa El Muro, en Redondela (Pontevedra). Eu tamén pensei que estaba equivocado, por eso preguntei á xente que andaba por alí e me dixeron que vivían na zona. Xentes que me confirmaron que a fábrica de cervexa está nesta nave. Pero a actividade é tan escasa que ninguén na vila me soubo dicir onde estaba a fábrica de cervexa. Nin os taxistas, que unicamente sabían dicirme que pechara hai anos. ¡Falaban da Mahou!.

Seguiréi intentando falar con Gómez, a ver si aclaramos a cuestión

5 thoughts on “Cervexa de garaxe

  • 24 de Outubro de 2010 at 21:41 09Sun, 24 Oct 2010 21:41:59 +000059.
    Permalink

    Carambolas, he aquí un misterio que como periodista se debe investigar más por aquello de contrastar y dar oportunidad (aún más oportunidades??? ) a que las personas den su versión.

    Ahora que yo como visitante habitual de su blog y nada periodista… ya me he hecho una idea…

    Reply
  • 25 de Outubro de 2010 at 18:37 06Mon, 25 Oct 2010 18:37:51 +000051.
    Permalink

    starbase, lo único que queda es plantarse ante la nave y esperar a ver que pasa. Puede que entren camiones con malta y lúpulo para elaborar cerveza. Puede que entren cisternas a descargar cerveza ya elaborada. Puede que no pase nada. Puede…

    Reply
  • 22 de Novembro de 2010 at 01:07 01Mon, 22 Nov 2010 01:07:03 +000003.
    Permalink

    Hola, si te apetece probar una cerveza casera de verdad y hecha en Silleda envíame un correo a granjaveloso@gmail.com. Te las dejo en Santiago para que las pruebes, y luego opinas en el blog.
    Un saludo

    Reply
  • 23 de Xuño de 2011 at 17:13 05Thu, 23 Jun 2011 17:13:09 +000009.
    Permalink

    lembro a polémica eo meu escepticismo do momento…resulta que facer cervexa a veces parace tan doado como facer Tang.

    Reply
  • Pingback: O Pote das Bruxas » Blog Archive » Gallaecia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *