Galicia, en Madrid Fusión 2011

Flavio Morganti, Beatriz Sotelo, Marcos Cerqueiro e Iago Pazos serán a representación galega en Madrid Fusión 2011, segundo se pode ver no programa do congreso.

Flavio Morganti presentará unha sesión sobre “O vapor: novas tecnoloxías aplicadas” un tema no que o cociñeiro italo-galego leva tempo traballando, pois no pasado Forum Gastronómico Santiago 2010 xa presentou un prototipo do seu aromati-ahumador.

Beatriz Sotelo creo que xa é ben coñecida de todos. Dende que en 2008 gañou o premio “Cocinero del Año” non parou, tanto no restaurante A Estación, que comparte con Juan Crujeiras, como en outras múltiples actividades.

Os máis recentes no panorama da restauración galega son Marcos Cerqueiro e Iago Pazos, cociñeiro e taberneiro de Abastos 2.0, o exitoso local emprazado na praza de abastos de Santiago de Compostela, que falarán de “A rentabilización do espazo: mínimo e polivalente.”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *