Cociña latina

Mejillón

A cociña latina colle forza. Na televisión temática Pepe Solla ensinou a cociñar con conservas e Xosé Cannas a preparar conservas. Despois Abastos 2.0 decidiu dedicar ás conservas o luns, no que a praza de abastos de Santiago non ofrece peixe fresco digno de salientar e aqora Porto Muíños lanza unha liña de tapas en lata, tan coidadas que ata traen instrucións para o seu uso e un maridaxe recomendado cos viños, cervexas, vermús ou bebidas que máis lles acaen.

Nas tapas en lata de Porto Muíños xúntanse algas con cogomelos, verduras e outros produtos do mar, dando lugar a uns mexillóns en salsa brava con kombu de azucre que son unha marabilla, un deliciosos pementos do piquiño con algas ou unhas curiosas endivias con noces e tronco de wakame.

Eu tiven oportunidade de probar algunhas destas tapas a pasada semana e outras na fin de semana, con motivo do taller de degustación de Antonio Muíños no marco do Maccatlantic, un taller que presentou Sole Felloza e no que os produtos do mar se acompañaron dun Rías Baixas singular: Sin Palabras. Os asistentes ao taller pasárono de mede con Sole, con Antonio, coas tapas e co viño.

As novas tapas de Porto Muíños van de medo para estas noites cálidas de fin de verán. Xunta un aos amigos no xardín e, mentres beben unha copiña de  Sin Palabras, un métese a soas na cociña, abre latas, corta un bo pan, saca peito e prepárase a escoitar os parabéns dos convidados. Seguro.

NOTA: En 2010 a lata cumpre 200 anos

FOTO: Mexillón en salsa brava con kombu de azucre, unha tapa que atrapa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *