O xamón afumado e García Mázquez

Jamón ahumadoHoubo un tempo en que o xamón galego tiña sona en España e tamén fóra dela. Un día, lendo as memorias de García Márquez atopei coa nova de que na súa vila natal, cando el era neno, vendíanse xamóns galegos. Algún tempo despois conteillo a Xurxo González e con esa nova encabezou a súa reportaxe sobre o xamón en A Nosa Terra. Hoxe, buscando o enlace con aquela reportaxe dou cun marabilloso artigo do propio García Márquez en El País no que fala dos lacóns que a súa aboa galega facía en Aracataca.

Non pensaba eu falar aquí de García Márquez, pero si de lembranzas de infancia e xuventude. Das lembranzas do xamón curado na casa, que se sometía a acción do fume de loureiro xunto cos chourizos, de maneira que resultaba un xamón aromático e saboroso, de pouca curación, como case sempre foron os xamóns da matanza familiar en Galicia. So algúns podían deixar curar o xamón durante longos meses. Ademais non toda Galicia reúne as condicións necesarias para curar xamóns, labor para o que se precisa frío e pouca humidade no aire.

Cando na miña casa deixou de haber matanza, e polo tanto xamón propio, o afumado chegaba de Vilalba cada sábado ao mercado de Ferreira, pero hai xa algún tempo que, por unhas razóns ou por outras, non daba con este xamón.

Ata que o outro día, camiño do Valadouro, decidín para en Vilalba e dedicar uns minutos a buscar o xamón afumado. Parei nunha industria, con tenda ao público, que está ao pe da estrada. Agardando unha negativa, lembreille á dependenta que en tempos eu mercaba xamón afumado vilalbés e preguntei se continuaba a facerse. “Enteiro ou anacos envasados ao baleiro, ¿cómo o quere?” respondeu a rapaza.

Merquei un anaco de quilo e medio que me custou arredor de dez euros. Si, len ben, dez euros. ¡Rediola que bo está!

4 thoughts on “O xamón afumado e García Mázquez

  • 21 de Setembro de 2010 at 19:37 07Tue, 21 Sep 2010 19:37:40 +000040.
    Permalink

    Xa sei onde vou parar a próxima vez que ande pola zona. 🙂

    Reply
  • 22 de Setembro de 2010 at 08:10 08Wed, 22 Sep 2010 08:10:06 +000006.
    Permalink

    La vida te da sorpreeeeeesas, sorpresas te da la vidaaaa… 🙂 🙂 🙂

    Reply
  • 22 de Setembro de 2010 at 10:03 10Wed, 22 Sep 2010 10:03:19 +000019.
    Permalink

    Non fai falta que vaias a Vilalba a mercar xamóns afumados. Na tenda de Ceferino en Bacoi tes os que queiras. Moi bos, tanto de sabor como de prezo.

    Reply
  • 30 de Setembro de 2010 at 14:43 02Thu, 30 Sep 2010 14:43:14 +000014.
    Permalink

    Una vez más, gracias por compartir conocimientos y descubrimientos (especialmente, ese precioso artículo de García Márquez).

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *