Concursos, receitas e plaxios

Conseguido. As empresas alimentarias levan tempo buscando fórmulas para estar presentes no mundo dos blogs e, despois de probas fallidas e outras que ao parecer non deron os resultados apetecidos, xa teñen un modelo que de momento está a dar bos resultados: os concursos.

As empresas comezaron mandando aos bloggers as mesmas notas de prensa que remiten aos medios de comunicación convencionais, sen caer na conta de que o xornalista busca informar sobre o que está pasando e o blogger contar o que a el lle peta. Se o interese da empresa non sempre coincide co do xornalista, no caso dos bloggers case nunca o fai.

O segundo intento consistiu no envío de mostras de produtos para que foran comentados nos blogs. Vese que era un modelo costoso (o valor das mostras máis os gastos de envío para obter unha repercusión reducida nun único blog, e iso contando con que o blogger quedase contento co produto e publicase algo). O modelo continúa aplicándose, pero so cun determinado estrato de blogs e de maneira moito máis reducida que nos últimos anos.

Agora as empresas descubriron o punto fraco dos bloggers: mataríamos por un premio (non esquecer esa tendencia xeral de non hai moito tempo de que uns blogs intercambiaban con outros os seus premios-mencións). E así nacen os concursos de receitas que obrigan a:

– publicar unha receita elaborada con determinado produto

– publicar un enlace coa páxina da empresa que convoca o premio

– indicar no post que coa receita publicada participase no concurso da devandita empresa.

O gañador recibirá o premio establecido, que moitas veces consiste nun lote de produtos da empresa que convoca o premio, que por corenta ou cincuenta euros conseguen anunciarse en multitude de blogs.

Nada teño que obxectar a este procedemento, xa que os participantes nos concursos fano de forma libre e voluntaria.

Os problemas veñen cando os convocantes do concurso non teñen a precaución de investigar a autoría das receitas e das fotografías presentadas ao mesmo e acaban premiando supostos plaxios.

Como sucede coa receita premiada no concurso de receitas con gazpacho convocado por Yemas Santa Teresa, que premia unha receita procedente do copio e pego máis descarado remitida por unha persoa que non é autora nin da receita nin da fotografía. A receita de Gazpacho denso con ensalada de xerminados, foi publicada polo chef Iker Erauzkin no número 69 da revista Cuinas e posteriormente en Delicooks. A fotografía, segundo me indica Iker, é propiedade do fotógrafo Becky Lawton.

Santa Teresa xa retirou do seu blog a receita premiada e, segundo me indican do seu departamento de marketing, estudan as medidas que van tomar ao respecto

As conclusións sáquenas vostedes.

ACTUALIZACIÓN 21-09-2010: Explicación de Santa Teresa

3 thoughts on “Concursos, receitas e plaxios

  • 26 de Setembro de 2010 at 14:48 02Sun, 26 Sep 2010 14:48:45 +000045.
    Permalink

    apetitoso jamon en villalba,pan en martiñan el postre en modoñedo y para beber .no valadouro.no es vino.pero hay muchas fuentes que manan el agua ,critalina,muy fresca,en cualquiera de tantas que tiene .EL VALLE DO VALADOURO

    Reply
  • 29 de Setembro de 2010 at 22:42 10Wed, 29 Sep 2010 22:42:55 +000055.
    Permalink

    En muchos casos las bases de los concursos son abusivas. Aún siendo el autor de una obra (imagen, receta, poesía, etc.) muchos concursos pretenden hacerse con bancos de obras para los fines publicitarios de los convocantes, teniendo que ceder, para cualquier uso, los participantes premiados y no premiados los derechos de la obra.

    Reply
  • 30 de Setembro de 2010 at 14:03 02Thu, 30 Sep 2010 14:03:35 +000035.
    Permalink

    Efectivamente, Alberto, hay muchos concursos en los que por el simple hecho de presentar tu obra ya se quedan con ella. Jamás presentaría nada a un concurso con esas bases que, como bien dices, son abusivas.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *