Cervexa e bacinillas

De Colineta

Aquel día ninguén aceptaba a nosa invitación a cervexa. Nin a chourizos. Máis ben poñían cara de noxo e fuxían do noso lado. Ata que atopei co fillo maior de Ramón de Felipe (desculpas pido por non lembrar o seu nome) que bebeu cervexa, comeu chourizo e despois dixo: “meu pai era da pandilla do teu“. E marchou tan contento. El non sabía quen era eu, que levaba a cara ben tapada, pero coñecía de sobra o conto.

Era Antroido no Valadouro. Nun tempo en que o Antroido era alí festa grande e as máscaras tomaban as rúas e os bares da vila.

O disfraz era sinxelo. Calquera cousa vella que atopamos no faiado. O máis destacado era a bacinilla, que poñiamos debaixo da billa da cervexa sen agardar a que nos convidaran, e na que tamén levábamos algún chourizo. A broma era comer chourizo, beber da bacinilla e convidar a tododios.

Moitos anos antes meu pai e os seus amigos fixeran o mesmo noutro Antroido. Sempre o contaba cando chegaban esas datas.

Ese ano imitámolos con gran éxito. Entrábamos no Atalaia, convidando a cervexa, cando o fillo de Ramón de Felipe no canto de fuxir comeu e bebeu.

2 thoughts on “Cervexa e bacinillas

  • 26 de Setembro de 2011 at 20:01 08Mon, 26 Sep 2011 20:01:52 +000052.
    Permalink

    Hola Miguel,

    Buscando a receita dunha colineta atopei o teu comentario sobre o entroido do Valadouro (bacinilla de cerveza). Eu xa non me lembraba diso.

    Moitas grazas e un saúdo

    Antón Casabella, o fillo máis vello de Ramón de Felipe

    Reply
  • 27 de Setembro de 2011 at 11:18 11Tue, 27 Sep 2011 11:18:07 +000007.
    Permalink

    Gracias polo comentario Antón. Como ves, eu si lembraba o día e a única persoa que comeu e bebeu con nosoutros. Os demáis escapaban ¡peor para eles!

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *