Pan do forno vello

Ojo al dato, que salta en calquera esquina. Ando estes días dedicado á lectura de “Los franceses en Galicia. Historia militar de la guerra de independencia en Galicia (1809)” que, inda que polo título poida parecer obra vella, é de recente escrita e publicación (2006).

A obra conta, como di o título, a historia militar da guerra da independencia en Galicia, e recolle unha longa lista, con varios miles de nomes, de paisanos galegos mortos nesa guerra, fundamentalmente labregos, auténticos heroes anónimos. Entre eles Agustín da Vila, labrego, natural de Adelán (Alfoz), que con total seguridade pertencía á miña familia.

Pero o libro conta máis. Por exemplo que o famoso pan do Porriño procede daquela época. Escribe o autor da obra, Juan Manuel Osuna Rey, citando Recuerdos porriñeses, de Leandro Diz Rey que no porriñés barrio de Aloques existía, dende finais do século XVIII, unha casiña dedicada á fabricación de pan, casa que foi ocupada polas tropas francesas en 1809. Esas mesmas tropas, necesitadas de fornos onde cocer o pan, foron construíndo outros novos no mesmo barrio, que chegou a coñecerse como A Gran Tafona.

No Porriño seguen a facer un delicioso pan. E na Panaderia Argibay continúan a cocer como hai máis dun século, nun forno de leña tradicional, dos que se fai o lume dentro do forno e, cando acadou a temperatura necesaria baleirase se brasas, bárrese e enfornase o pan. O pan do forno vello.

Video: Panadería Argibay

3 thoughts on “Pan do forno vello

  • 31 de Agosto de 2010 at 06:33 06Tue, 31 Aug 2010 06:33:19 +000019.
    Permalink

    Si tuviera que escoger un alimento de todos los que disfruto cuando viajo a Galicia probablemente me quedaría con el pan.

    Ahora que he vuelto, soy consciente de que el pan que compro a diario aquí en el extraradio barcelonés debería arrojaselo a la cara a mi panadero. Simplemente no tiene nada que ver… una pena.

    Reply
  • 31 de Agosto de 2010 at 15:47 03Tue, 31 Aug 2010 15:47:56 +000056.
    Permalink

    Lamentablemente, en Galicia muchos consumidores se están decantando por el pan de los supermercados. No les importa que sea malo sino que sea barato y no suponga el esfuerzo de tener que ir a la panadería exclusivamente a por el pan.

    Reply
  • 31 de Agosto de 2010 at 18:34 06Tue, 31 Aug 2010 18:34:17 +000017.
    Permalink

    Nosotros hemos cogido el coche cada dia para ir al horno a por el pan de espelta… un lujo. Y eso que el del dia anterior sirve perfectamente.

    Total que esto que nos cuentas…otra pena.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *