Faragullos

De Colineta

O 8 de agosto A Pontenova (Lugo) botarase ao río no seu tradicional baixeo (baixa como poidas é o lema) que leva polo río abaixo, en embarcacións de todo tipo, aos participantes na festa. O premio compensa polo esforzo: un bo prato de faragullos para todos.

Pero ¿que son os faragullos?. Os faragullos son un plato tradicional que segue presente nalgunhas zonas da provincia de Lugo, como A Pontenova e o seu entorno. Parecense ás migas, pero non se elaboran con pan senón con fariña, levan ovos e leite e servense con mel ou azucre.

En 2005 escribí sobre los faragullos lo que sigue: “Para amañar uns faragullos precisamos un ovo batido por persoa, mesturado con catro culleradas de fariña de trigo do país, sal e auga e leite, a partes iguais, que se precise para obter unha masa espesa. Ponse algo de aceite na tixola e frítense uns anacos de touciño entrefebrado, botando de seguido a masa dos faragullos e a remexer de seguido, partindo a masa o máis posible, ata que os faragullos estean dourados. Deseguido bótanse nunha fonte, engádese mel e sérvense de inmediato.”

Algunos de los personajes de Merlín e familia de Álvaro Cunqueiro comen faragullos.

Mañá, en A Vivir que son dous días (Cadena SER Galicia) falaremos sobre o tema cunha das organizadoras da décimo primeira edición do gran faragull-eo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *