Galego = producido en Galicia

A partir do 18 de agosto so poderán etiquetarse como produto de Galicia, produto galego, producido en Galicia, galego e denominacións similares aqueles produtos alimentarios que foran elaborados en Galicia con materias primas principais producidas tamén en Galicia, entendendo como materias primas principais os ingredientes característicos dun alimento que supoñan máis do 50% do seu peso neto.

Tampouco se poderán empregar marcas e razóns sociais que dean lugar a equívocos, con excepción das que xa se viñan empregando con anterioridade á publicación do Decreto que regula a materia (28 de xullo de 2010). Estas marcas quedan obrigadas a indicar nas súas etiquetas, presentacións e publicidade elementos que informen ao consumidor do verdadeiro orixe e procedencia do produto. Iso si, con caracteres polo menos do mesmo tamaño, enténdese que da marca. Non prohibe a norma que esa información se imprima en amarelo sobre fondo dourado, que imposibilitaría a lectura da advertencia.

3 thoughts on “Galego = producido en Galicia

  • 02 de Agosto de 2010 at 22:34 10Mon, 02 Aug 2010 22:34:10 +000010.
    Permalink

    Hay cosas que hasta que uno no las lee ni se las puede imaginar. Por ejemplo, que haya que esperar hasta el 2.010 para esto.

    Alucino.

    Reply
  • 03 de Agosto de 2010 at 16:09 04Tue, 03 Aug 2010 16:09:04 +000004.
    Permalink

    O problema non está nas cores do etiquetado (máis ou menos resolta pola norma xeral) senón que afecta exclusivamente ao ámbito da comunidade Autónoma. Seguiranse a vender barras de “pan gallego” en Madrid e Barcelona, ou “pulpo gallego” en Sevilla, e os consumidores seguirán a picar como pardillos. Claro que pensándoo ben, a maioría das veces a culpa é súa.

    Reply
  • 03 de Agosto de 2010 at 18:50 06Tue, 03 Aug 2010 18:50:27 +000027.
    Permalink

    Ten razón, coma sempre, seño eSedidió. Pero por levar un pouco a contraria, penso que a culpa é dos consumidores en tódolos casos. Se fósemos un pouco máis activos buscando produtos que merezan a nosa atención e protestando cando hai que facelo igual as cousas ían cambiando pouco a pouco.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *