Tertulia co chef

Cear as verduras que previamente un cociñou non ten nada de extraordinario. Salvo, claro está, que as cociñase no Centro Superior de Hostalería de Galicia, xunto cun pequeno grupo de xentes unidos exclusivamente polo seu interese pola cociña (en realidade ata había un que comezou proclamando que o tema non lle interesaba moito e que estaba alí porque o apuntara a muller, pero paréceme que se foi encantado e non vai ser a última vez que pise os fogóns) e dirixidos por Braulio García, profesor de cociña do centro.

O martes pasado, entre as seis e media da tarde e as doce da noite, puidemos aprender usos e técnicas arredor das verduras, pelamos, picamos, cociñamos e ceamos. Librámonos dos traballos de empratado e tamén de recoller a cociña, que acostuma a ser o traballo menos agradable.

O menú, preparado entre todos, consistiu en endivias breseadas con queixo de cabra, allobranco con uvas e améndoas, tosta de escalibada con xamón ibérico, tomate recheo de langostinos con pesto e alcachofas con ameixas como aperitivos aos que seguiron, de pratos principais, uns boletus confitados con crema de pataca e ovo escalfado e unha menestra de verduras ao azafrán. De sobremesa tarta de froitas, brochetas de froitas, fresas con framboesas e lima e alquequenxes en chocolate. Bebemos viños das adegas Torres: Waltraud, un branco do Penedés elaborado con uva riesling e un rosado Santa Digna (Chile) elaborado con cabernet sauvignon.

O Centro Superior de Hostalería de Galicia está a realizar neste mes de xullo unha experiencia piloto dirixida a abrir as súas portas á Galicia enteira, coa organización de eventos dirixidos ao público en xeral e non so a estudantes de hostalería e profesionais como ata o de agora.

Froito desa iniciativa son as “Tertulias del chef“, tres clases de cociña das que xa so queda unha para o martes 27 de xullo, que versará sobre a cociña con conservas (descoñezo se quedan prazas libres).

As clases desenvólvense na mesma cociña que cada día empregan os profesores e alumnos do centro para atender o restaurante á carta con que conta o centro.

Entrevista a Patricia Cuevas, directora de Centro Superior de Hostelería de Galicia.

2 thoughts on “Tertulia co chef

  • 25 de Xullo de 2010 at 10:06 10Sun, 25 Jul 2010 10:06:49 +000049.
    Permalink

    Estimado amigo, me pongo en contacto contigo para contarte que se va a celebrar en Granada la I Feria de Gastronomía y Turismo gastronómico Gastrotur, la cual tendrá lugar del 17 al 20 de noviembre en Granada. Y dentro de esta Feria se ofrecerá durante dos días un amplio programa de actividades dirigidas exclusivamente a bloggers especializados en la gastronomía y en el turismo.

    Esta iniciativa se debe, fundamentalmente, a la importancia de los bloggers en el posicionamiento web, cuyos blogs específicos de gastronomía y turismo son la referencia en los foros gastronómicos, dónde se comparten contenidos, críticas, videos y recetas.

    Entre las principales actividades que va a llevar a cabo Gastrotur hay que destacar los show coocking, concursos, catas comentadas, degustaciones de productos, maridajes, jornadas gastronómicas, talleres y concursos, exposiciones, jornadas técnicas, encuentro de blogueros, premios, exhibiciones de corte de jamón, visitas, mesas redondas, talleres, etc.

    De forma especial se va a organizar para los bloggers una ruta turístico-gastronómica por las comarcas granadinas.

    Así, representantes de Feria de Muestras de la Armilla (Fermasa) en Granada, han querido invitar a los bloggers de toda España a asistir a la celebración de Gastrotur 2010, al considerar que se trata de una feria que no dejará impasible a nadie.

    Gastrotur nace con la filosofía de convertirse en punto de encuentro entre fabricantes, consumidores de productos de alimentación, y por supuesto, los principales prescriptores de este sector incluyendo a cocineros y gastrónomos, que hacen una gran labor de divulgación y difusión de la pluralidad y bondades que poseen nuestros productos autóctonos. Tampoco hay que olvidarse de la gran oferta turística que engloba cultura y gastronomía, actualmente en alza en nuestro país.
    Nos gustaría poder contar contigo.
    Hemos creado un blog en el que os podéis hacer seguidores ya que así os tendremos al día de toda la información, aunque también nos puedes encontrar en facebook o en twitter.
    http://encuentrobloguerosgastrotur.blogspot.com/
    Un abrazo, Ana María (www.cocinandoentreolivos.blogspot.com)

    Reply
  • Pingback:Colineta » Blog Archive » Tertulias, mientras se cocina, con el chef en el Centro Supeiror de Hostelería de Galicia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *