“Viñotecas” medievales compostelanas

As viñotecas parecen un invento recente en Santiago de Compostela, nacidas a finais do século XX unhas e nos comezos do actual outras. Aí están para dar fe a Bodeguilla de San Roque ou o Beiro ou a máis recente A Viña de Xabi.

Pero despois de ler o último libro de Francisco Singul chego á conclusión de que a cousa ven de moito máis atrás no tempo. Conta Singul en Vino y cultura medieval: Galicia y los Caminos de Santiago que na Idade Media en Compostela se bebían viños do Ribeiro, da Ulla, da Maía ou de Betanzos, pero tamén de Cataluña, Aragón ou Baleares e ata os procedentes de Portugal e Burdeos. As comunicacións por vía marítima facían posible intercambios comerciais con países afastados.

Entón unha boa parte do país producía viño, chegando os viñedos ata a Mariña lucense. Tratábase dun produto de alto valor e ata houbo momentos en que se fomentou a produción de viño en terras tradicionalmente cerealeiras.

Claro que, segundo Singul, non todo o país podía falar da mesma abundancia e variedade que se atopaba en Santiago. Os peregrinos que empregaban determinadas rutas, como o Camiño Francés, pasaban dunha zona rica en viños (o Bierzo) a outra no que a bebida máis común era ¡a sidra!. As terras altas dos Ancares, o Cebreiro e o Caurel non producían viño. E o mesmo pasaba cos viaxeiros polo camiño Primitivo.

Conta tamén Singul costumes xa desaparecidas que hoxe nos parecen máis que pintorescas. Como a dos banquetes fúnebres, xa desaparecidos, pero que aínda deixan o seu pouso neses velorios rurais, realizados na casa do defunto, onde se ofrece aos asistentes algo de comer ou de beber, café, augardentes e licores. Trátase dun vello costume que ten os días contados ante a comodidade que hoxe supoñen os tanatorios presentes en calquera vila galega.

Deses banquetes funerarios lembra o autor o disposto no seu testamento polo compostelán Juan do Campo, que en 1380 ordena que cada ano se celebre na súa memoria no convento de Santo Domingo de Santiago unha comida para os frades que rezan pola súa alma: media vaca, tres carneiros, catro touciños, unha oitava de trigo e dous odres de viño.

O viño tamén foi protagonista, no ano santo de 1507, dunha curiosa maneira de celebrar a visita do rei Felipe I, máis coñecido como Felipe el Hermoso. Houbo festexos populares e na “recién despejada plaza del Hospital” (digo eu que sería a actual Praza do Obradorio), montouse para goce popular un estanque de viño da Ulla.

¡Moito disfrutei lendo este libriño de Francisco Singul, que edita a Asociación de Periodistas e Estudiosos do Camiño de Santiago!

Entrevista en A Vivir que son dos días Galicia (Cadena SER)

5 thoughts on ““Viñotecas” medievales compostelanas

  • 20 de Xullo de 2010 at 10:41 10Tue, 20 Jul 2010 10:41:53 +000053.
    Permalink

    Hola Miguel, parece moi interesante e entretido o libro de Francisco Singul ¿onde podo conseguilo?. Graciñas e bo verán

    Reply
  • 20 de Xullo de 2010 at 17:05 05Tue, 20 Jul 2010 17:05:20 +000020.
    Permalink

    Dado que la reina de mi corazón es galega, siempre aprovecho cuando puedo para escuchar y aprender un poco de galego.

    La entrada es muy interesante, aunque cuando hace años visité Santiago en las vacaciones de mis pades, la cultura que me rodeaba no era muy vinícola. Era más bien de loas a los espirituosos (concretamente al whisky de la sobremesa). Así que me sorprende esta cultura del vino en Santiago.

    La entrevista genial, como digo, me ha servido de clase particular y encima con un tema interesante!

    Un saludo.

    Reply
  • 20 de Xullo de 2010 at 17:21 05Tue, 20 Jul 2010 17:21:10 +000010.
    Permalink

    Me sorprende lo que dices, starbase, ya que en Santiago el vino siempre ha estado y está presente. Aquí no se sale “de cañas” como en otras partes, sino “de vinos”, como en el resto de Galicia, que es un país que consume mucho más vino que la media española… y también menos cerveza que la misma media.

    Reply
  • 21 de Xullo de 2010 at 09:01 09Wed, 21 Jul 2010 09:01:48 +000048.
    Permalink

    Bien, hay que tener en cuenta que yo tenía unos 13 años, así que los recuerdos no son exactos. Además, creo que era algo muy del grupo de amigos que tendían más a los licores que al vino. Evidentemente comían con vino, pero solían hablar más sobre licores. Como yo no tomaba ni lo uno ni lo otro, me ha quedado el recuerdo de los licores.

    Evidentemente os contaba mi vivencia y recuerdo personal, nada extrapolable claro.

    🙂

    Reply
  • 22 de Xullo de 2010 at 18:31 06Thu, 22 Jul 2010 18:31:43 +000043.
    Permalink

    garum, polo que me dixeron na asociación que edita o libro, teñen previsto sacar ás librerías un pequeno número de exemplares.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *