Menú para a final do Mundial: 32 platos de 32 países compoñen o do Almacén, en Cervo

Fútbol e gastronomía camiñan da man na Mariña lucense gracias á iniciativa do restaurante O Almacén, situado en Cervo, onde dende o comezo do Mundial de Fútbol acompañan cada partido con pratos típicos dos países cuxas seleccións están en xogo.

O sábado 2 de abril xogaron os cuartos de final Alemaña, Arxentina, Paraguai e España, así que á noite o menú contou con pratos propios dos catro países, que se puideron degustar en forma de menú no restaurante, onde non hai televisor, ou por tapas na cafetería, aí con partido na televisión. Tamén había viños arxentinos, alemáns e españois.

O martes e o mércores próximos xóganse as semifinais, así que haberá especialidades holandesas, uruguaias, alemás e españolas.

A gran traca final será o día da final do campionato. Se a selección española está presente en dita final o menú da cea compoñerase de 32 pratos, un por cada selección participante no campionato, con receitas propias de ditos países. Para participar nesta cea é preciso reserva previa no teléfono 982 557 836.

O Almacén emprázase nun antigo almacén de coloniais, fundado en 1898, onde aínda se conserva a vella estrutura da tenda, a través da cal teño pasado moitas veces, aló pola década dos 80, cando abriu o restaurante, dende o bar ao comedor.

Cociña tradicional da zona, con pequenos toques de autor, é o que nos ofrece O Almacén, a prezos máis que razoables. Moi preto está a fábrica de Sargadelos. O seu entorno é perfecto para un paseo antes da cea e, en días laborais cando a fábrica está aberta, podemos tamén ver de cerca todo o proceso de fabricación da louza, xa que polo interior da fábrica existe unha rota que se pode visitar. Despois da cea unha boa opción para as copas é o muíño restaurado e convertido en bar que se atopa xusto fronte ao Almacén, non hai máis que cruzar a estrada. E para evitar ter que coller despois o coche, O Almacén é tamén casa de turismo rural, unha das primeiras que funcionaron en Galicia.

Tomás Mariño, cociñeiro de O Almacén, falounos onte sobre os menús do Mundial na Cadena SER.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *