Ive: unha subida que beneficia aos restaurantes que incumpren a normativa

Por normativa os restaurantes están obrigados a expresar os prezos finais, ive incluído, nas súas cartas. Pero a partir de certo nivel é habitual que se indiquen prezos sen o imposto, que se carga ao final da conta.

La Ley General de Defensa de los Consumidores y Usuarios (texto refundido por Real Decreto Legislativo 1/2007, publicado en el BOE del 30 de noviembre de 2007) indica que el empresario está obligado a ofrecer, entre otras informaciones, “Precio completo, incluidos los impuestos, o presupuesto, en su caso. En toda información al consumidor sobre el precio de los bienes o servicios, incluida la publicidad, se informará del precio final completo, desglosando, en su caso, el importe de los incrementos o descuentos que sean de aplicación, de los gastos que se repercutan al consumidor y usuario y de los gastos adicionales por servicios accesorios, financiación u otras condiciones de pago similares“. (artigo 60, apartado b).

É dicir, os consumidores temos dereito a ler na carta o prezo final que imos pagar por cada prato (impostos incluídos).

O incumprimento dese deber por algúns restaurantes seguramente vai ocasionar que o menú que onte custaba 100 euros hoxe custe os mesmos 100 nalgúns restaurantes e 101 noutros, resultando claramente prexudicados os que cumpren a normativa e que seguramente non cambien as súas cartas para repercutir o incremento do Ive (20 céntimos nun prato de 20 euros).

Os que cumpren a lei e non cambien as cartas van gañar hoxe un euro menos por cada 100 facturados, mentres que os incumpridores seguirán gañando o mesmo mentres os clientes pagarán un euro máis.

One thought on “Ive: unha subida que beneficia aos restaurantes que incumpren a normativa

  • 01 de Xullo de 2010 at 23:37 11Thu, 01 Jul 2010 23:37:54 +000054.
    Permalink

    Pues si, triste realidad.

    Reply

Deixa una resposta a DANINLAND Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *