Arde Lucus

Ata o próximo domingo Lucus Augusta volve ser romana e na cidade convivirán os habitantes do país cos chegados de afastadas terras. Se o desexa pode visitar o macellum antes de pasar polas tabernae (xa están montados os restaurantes Pulpalia e Ave César) para despois gozar do circvs ou, porque non, da bacanal.

Tamén pode achegarse ao restaurante Paprica, onde ofrecen un menú con pratos baseados en receitas de Marco Gavio Apicio, naturalmente actualizadas.

Entrevista a Álvaro Villasante, do restaurante Paprica, na Cadena Ser.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *