Cereixas con pan

Estamos en tempo de cereixas. Xa dixen nalgunha ocasión que, segundo contaba meu pai, noutro tempo no Valadouro era o día de San Xoán o elixido para probar as cereixas. Serían blancás, como as que o avó tiña no cerrado ou no parque e das que xa non queda máis que o recordo, ou mulariñas ou de calquera outra caste tradicional.

As blancás danse neste tempo moi ben polo sur de Lugo, na zona de Chantada, onde lles chaman da onza, e tamén no Bierzo, de onde chegan cada ano en grandes cantidades a Galicia. As blancás non resultan atractivas para quen non coñece a raza: vermellas por un lado, blancas por outro, semellan estar mal maduradas, pero son todo dozura e sabor. Posiblemente as mellore cereixas que coñezo.

Paréceme que as cerdeiras van a menos en Galicia nos últimos tempos, e teño para min que xa se perdeu o vello costume galego de comelas con pan.

Lembreino revisando unx textos de Cunqueiro. Nun artigo publicado en La Voz de Galicia aló polo ano 1953 ou 1954, titulado “El viaje de las cerezas” escribe:

Doy fe de que me gustan las cerezas; las como con pan, como un labriego de por aquí, metiendo tres o cuatro a un tiempo en la boca y escupiendo de lado los huesos”.

2 thoughts on “Cereixas con pan

  • 20 de Xuño de 2010 at 16:13 04Sun, 20 Jun 2010 16:13:47 +000047.
    Permalink

    As cereixas blancás inmellorables, solo si deixamos de lado
    aquelas de dous cereixos “bravos”, que tamén tiña o avó no
    cerrado, na cabeceira de arriba, preto do cemiterio: ¿lembras?.

    Reply
  • Pingback:Cerezas – Sin Objetivo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *