Percebes

¿Quen se resiste ante un bo prato de percebes?. Este marisco, que hoxe moitos consideramos como o rei do mar, no sempre tivo o mesmo aprecio que na actualidade.

Aínda lembro o que contaba meu pai de cando o avó ía a Viveiro a non sei que feira con aquel autobús da familia (aínda teño na cabeza a imaxe, de cando era moi neno, de restos da súa carrocería de madeira na casa do parque) e volvía cun saco de percebes mercado por moi pouco diñeiro. Igual os percebes non eran tantos, ou o saco era máis pequeno do que meu pai refería, pero que o avó volvía á casa cargado de percebes moi baratos é certo por completo.

Outra proba de que houbo un tempo, non moi afastado, en que pouco se pagaba por eles é o costume, moi estendido na Costa da Morte, de comelos con cachelos. Póñense as patacas cortadas polo medio e sen pelar a cocer en auga con sal e loureiro. Cando xa van cocida engádense á pota os percebes, deixase cocer un case nada máis, escórrese a auga e xa están listos para comer. Sempre máis cachelos que percebes.

Remontándonos ao século XVIII, Cornide Saavedra di no seu “Ensayo de una historia de los peces y otras producciones marinas de la costa de Galicia” que “El Perceve propiamente es una especie de nervio del largo de un dedo, blanco en vida, y encarnado despues de cocido; esta carne es má sabrosa que sana, véndese cocida, y conserva en vasijas de madera cubiertas con paños para que guarde el calor, el modo de comerla es retorciendo y separando la una de la botarga ó calza y sacando la carne, que es correosa y de mala digestión“.

Sobre a forma de capturalos, escribe Cornide en 1788 que “Los Perceves viven asidoas á las piedras de la costa en todo lo que cubre diariamente la marea, y se despegan de ellas por medio de un fierro de figura de escoplo ó trencha puesto en un mango“.  Desde entón, o único que cambiou na captura do percebe é que agora os percebeiros protexense das inclemencias do tempo cun traxe de neopreno. O fierro sigue sendo o mesmo. E o mesmo risco os acompaña.

Queda aquí un video de annaixavi que atopo en Youtube sobre a maneira de comer os percebes.

5 thoughts on “Percebes

  • 03 de Xuño de 2010 at 21:28 09Thu, 03 Jun 2010 21:28:30 +000030.
    Permalink

    E non esqueza o que dicía a Pardo – Bazán, no seu “La cocina española antigua” de 1913: “Es un majar incivil, que no puede presentarse jamás cuando se tienen convidados”. Xa ve…..

    Reply
  • 04 de Xuño de 2010 at 21:36 09Fri, 04 Jun 2010 21:36:32 +000032.
    Permalink

    Fai uns 20 anos, por razóns laborais, vivín durante tres anos en Ponche do Porto. Non lembro, durante ese tempo, non comer marisco algún día. Carmen, “a Chista”, do bar “o atrevido”, contábame que lembraba que no bar da súa nai daban os percebes de tapa de forma moi xenerosa, sen cobralos. Unha cunca de viño unha tapa de percebes. Algo impensable agora.
    O vídeo fixome moita graza, especialmente por que coñezo ao “profesor”, Richi. É un bo amigo e compañeiro de traballo. Asegúroche que con él non che aburres, é un gran showman, aínda que o seu é o Rock & Roll. Se queres ver mas deste tipo visita http://www.capitanmorgan.org.
    Segundo comentoume hoxe o vídeo foi gravado no retaurante manda truco da Coruña e a explicación era para uns amigos de Valladolid que non sabían comer percebes, que foron quen o gravaron.
    Saúde

    Reply
  • 27 de Xullo de 2010 at 13:34 01Tue, 27 Jul 2010 13:34:09 +000009.
    Permalink

    Muy buenas….soy el que sale en el video…je , je..pues esto fue justo el dia despues del concierto de Bruce Springsteen en Santiago en el 2009.
    Para desquitarnos del desastre organizativo que fue ese concierto y de la pesima imagen que dimos los Gallegos por causas ajenas a nosotros , me lleve a un monton de gente , Catalanes , Cantabros , Castellanos , Manchegos, Andaluces..al MANDA TRUCO , conocido restaurante Coruñes que en mi opinion , ofrece junto con otros mariscos y productos de escelente calidad ( miticos calamres de la ria en su tinta), los mejores PERCEBES del mundo , los que se crian a los pies de la TORRE DE HERCULES..( en esto cada uno tira para lo suyo..).
    Y como no sabian como se comian……pues habia que enseñarles .
    Como dice mi compañero y amigo O BANDULLO…realmente lo mio , lo que me gusta, es hacer ROCK and ROLL con CAPITAN MORGAN…aunque creo que se me da mucho mejor lo de comer percebes…
    Salud , Percebes y Rock and roll

    Reply
  • 30 de Xullo de 2010 at 13:54 01Fri, 30 Jul 2010 13:54:43 +000043.
    Permalink

    hola, yo soy el que grabé el video. gracias Miguel por publicarlo ya que el narrador es un excelente percebeiro y (cantante). Nos encantó estar unos días en Galicia degustando de los grandes manjares que tenéis. Un consejo, ir a Galicia este verano. Es lo más grande.

    Reply
  • 02 de Agosto de 2010 at 11:01 11Mon, 02 Aug 2010 11:01:25 +000025.
    Permalink

    Gracias, annaixavi, por vuestro comentario y, sobre todo, por vuestro video, que me pareció muy interesante para mucha gente. Muchas veces, con los percebes en la mesa, he tenido que explicarle a la gente cómo manejarlos para no poner pingando al vecino de mesa.

    Reply

Deixa una resposta a Richi Garcia Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *