Entrevista a Pepe Solla á volta de China

Pepe Solla

Fai non moito tempo entrevistei a Pepe Solla na edición galega de A Vivir que son dos días (Cadena SER). Acababa de regresar de China, nunha breve viaxe para coñecer Shanghai e o seu mercado, xa que en maio estaría alí representando a España. Daquela quedamos en volver falar á volta desa segunda viaxe. E o momento foi a pasada fin de semana.

Solla, una galego no país da Soia, cóntanos o que lles levou da cociña galega aos chineses… e suxire que algo trouxo de aló, inda que se atopa en maduración. ¿Laranxas da China?¿Chop suey de grelos?.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *