Queixo con trufa
Nalgunha ocasión xa dixen que non me importarÃa ser francés, polo menos por un tempo, para que despois da comida e antes da sobremesa me ofreceran un bo e surtido carro de queixos, pan e viño.
Mentres, voume amañando co que atopo no mercado, moitas veces cousas moi salientables… e outras non tanto.
Vou escribir hoxe sobre un deses casos fallidos, inda que so sexa a medias.
Na fin de semana atopei no Hipercor un queixo con moi boa pinta, do que se informaba que era queixo con trufa e ademais estaba en oferta. Non o dubidei máis e levei un para a casa, precisamente o que poden ver na foto. Paréceme que é precisamente esta foto o mellor que saquei de tal queixo, porque o da trufa podÃan suprimilo da etiquetaxe e, sobre todo do prezo. Unhas chispiñas de trufa non xustifican, para min, un prezo de 23,90 euros por quilo ¡e en oferta!. Ademais, esas chispiñas de trufa non comunicaban ao queixo nin aroma nin sabor salientable, alleo ao do propio lácteo.
Iso si, feita abstracción da trufa e como queixo sen máis, gustoume moito, e por iso a un prezo razoable estou disposto a volver a levalo para a casa.
Este queixo foi elaborado por La Pardina na provincia de Zaragoza.
Non foi a única decepción do dÃa, pero do resto falaremos noutro momento