Tapas

Tapas

Ribadeo de Tapeo, o concurso de tapas da vila mariñana, chega á súa quinta edición cunha participación cada vez maior de locais e público e cunha oferta que mellora ano tras ano. Eu, que xa levo paseado abondo, como xurado, os concursos de tapas de Santiago de Compostela, do Forum Gastronómico, de Lugo, Fene, Ribadeo… comprobo con satisfacción como estes certames están servindo para que a oferta hostaleira se incremente e mellore cada ano máis.

Ribadeo de Tapeo comezou o pasado 22 de maio e rematará o 30. Poucos días despois comezará Santiago(é)tapas, que na súa terceira edición prolonga un pouco a súa duración e se estenderá de do 11 de xuño ao 4 de xullo. Entre outras novidades, o concurso de Santiago incorporará este ano un membro do xurado elixido a través de Facebook, de maneira que calquera de vosoutros tedes opción de formar parte dese xurado.

En Santiago voume fartar de tapas. En Ribadeo estarei unicamente o próximo sábado, que será intenso, e prometo dedicarlle uns minutos do meu tempo á memoria dun home ao que vin chorar pola emoción de ver o traballo anónimo de toda unha vida recoñecido polo xurado do concurso de tapas de Ribadeo.

A súa tapa gustoulle tanto ao xurado que antes de abandonar o local o felicitamos pola mesma e, ante a nosa sorpresa, dixo emocionado e con ollos nubrados que xamais na súa longa vida profesional ninguén lle dera tal satisfacción. Rematado o concurso volvemos alí para tomar uns viños e algo de comer (lembro un provolone ao forno) e aquel home continuaba feliz, cun rostro radiante, mentres elaboraba as pizzas habituais do local.

Algúns días despois sabería que era un dos premiados no concurso. Eu non estaba alí e non puiden ver a súa cara, pero seguro que se volveu emocionar.

Lémbrome hoxe del porque ao mirar o programa do concurso vexo una nota in memorian. Chamábase José Angel Buchinier Cassara, pero imaxino que os ribadenses o coñecían polo nome do seu local, Don Buchi.

2 thoughts on “Tapas

  • 26 de Maio de 2010 at 19:29 07Wed, 26 May 2010 19:29:53 +000053.
    Permalink

    Pues si Colineta, gran tipo es buen hombre que por desgracia nos dejó repentina y tempranamente. Comentar que para mí sus pizzas son una de las mejores que he probado

    Yo ya estoy dando los últimos coletazos a este concurso de tapeo en Ribadeo, ya que este fin de semana me tengo que ir a Oviedo a cumplir con las obligaciones familiares. A ver si me da tiempo el sábado antes de marchar a pasar por Ribadeo y saludarte.

    Desde mi punto de vista, y como persona que llevo siguiendo este certamen unos cuantos años desde sus comienzos, el nível año a año va a más en lineas generales.

    Reply
  • 06 de Novembro de 2014 at 22:13 10Thu, 06 Nov 2014 22:13:11 +000011.
    Permalink

    Gustame moito esta tapiña a presentación chama a vista según a topas. Parceme unha idea simple pero moi vistosa a par que tamén innovadora e sobre todo elegante sobre o candelabro, habería que ver o conxunto do local para ter unha mellor idea da proposta xeral, non obstnte é unha presentación sorprendente, un saudo.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *