Ao pé do lar… a emoción

Pensaba escribir esta tarde un pequeno post para anunciar aos catro ventos que a partir de mañá (12 de maio), unha parte da exposición Ao pé do lar estará en Pontevedra, na sede do centro sociocultural de Caixa Galicia (Café Moderno), onde se poderá ver ata finais de agosto. Pensaba tamén avisar de que está previsto que a exposición continúe un itinerario por cidades e vilas galegas e de fóra do país, incluídos algúns centros galegos polo mundo adiante. E pensaba lembrarvos que a exposición tamén se pode ver, doutra maneira, na súa web e no catálogo, que está colgado da mesma en formato pdf e de balde.

Pero non poido. Non poido agardar a que chegue a tarde, así que róubolle uns minutos ao traballo para este post de urxencia.

Non poido agardar despois de ler o post de Sole Felloza sobre este asunto. Máis emoción imposible concentrala en poucas palabras.

One thought on “Ao pé do lar… a emoción

  • 11 de Maio de 2010 at 18:16 06Tue, 11 May 2010 18:16:54 +000054.
    Permalink

    Para cando nos vemos en latri.ca?

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *