A Comisión Europea rexistra a IXP Tarta de Santiago

DecoraciónEsta mañá a axencia Europa Press anunciaba que a Comisión Europea incluíra hoxe a Tarta de Santiago no rexistro de denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas, titulando “Bruselas registra la ‘Tarta de Santiago’ como denominación de origen protegida“, inda que no texto se indica, de forma pouco clara, que se trata de unha indicación xeográfica protexida. A estas horas unha boa parte das novas que se poden ler en internet, en edicións dixitais de medios de comunicación convencionais e en blogs, é que a Comisión rexistrou a Denominación de Orixe Protexida Tarta de Santiago.

En realidade trátase dunha indicación xeográfica protexida (IXP) sobre a que escribía en Colineta en abril de 2009 e en febreiro deste mesmo ano. Antes xa o fixera na revista Origen.

O curioso deste caso é que se trata da segunda vez que Europa Press da lugar ao mesmo erro, pero á inversa. A primeira foi con motivo do rexistro da DOP Queixo do Cebreiro, inda que daquela lle atribuiron unha IXP.

3 thoughts on “A Comisión Europea rexistra a IXP Tarta de Santiago

  • 11 de Maio de 2010 at 20:03 08Tue, 11 May 2010 20:03:12 +000012.
    Permalink

    Agás o pemento de Herbón, todas as figuras de amparo comunitario galegas dos últimos anos son (e serán, que aínda queda algunha en tramitación) Indicacións Xeográficas Protexidas. A confusión xurde da propia complicación da normativa, que non hai maneira de facer as cousas clariñas. De feito, algunha IXP de polo mundo adiante -e concretamente unha catalana de pataca- refírese a si mesma na súa web como DOP cando é unha IXP, que hai que lle botar morro.
    Respecto do que fala no tuister ese da presentación da Torta de Santiago antes da inscrición comunitaria, o feito é que, unha vez publicado do DOG (supoño que antes do tal forum) o regulamento, a IXP tiña xa amparo a nivel estatal, polo que non é nin raro nin moito menos irregular. Xa pasou con outros produtos como a faba de Lourenzá, por exemplo.

    Reply
  • 11 de Maio de 2010 at 20:19 08Tue, 11 May 2010 20:19:21 +000021.
    Permalink

    Sorpréndeme co das “patates” catalás, pero non hai que ir tan lonxe para ver un erro igualiño: repare no logo da IXP Pemento do Couto. Pode velo aquí: http://www.colineta.com/2010/02/25/ixp-couto/

    Reply
  • 12 de Maio de 2010 at 11:52 11Wed, 12 May 2010 11:52:58 +000058.
    Permalink

    No caso do pemento do Couto ven de que os catro pementos (couto, arnoia, oímbra e herbón) foron tramitados diante da UE como solicitudes de DOP, e Bruxelas indicou que non ía admitir máis que a de herbón (a única na que quedada acreditado ao seu xuízo o famoso “vínculo”. Para non perder a posibilidade de inscrición houbo a última hora que modificar a solicitude a IXP, e o logo xa estaba deseñado. Supoño que xa o terán corrixido.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *