Cousas de chocos

AlcachofaEu, que lles vou dicir, teño unha certa tendencia a comportarme como un choco e confundirme co que me rodea. Mellor dito, co que me interesa daquelo que me rodea, porque co resto teño unha innata facilidade para chocar.

En Francia, por exemplo, eu quero ser francés. Sempre. ¿Qué máis pode pedir ninguén que un pouco de moitos queixos, un bo pan, un bo viño, uvas, mazás, peras?. Fantastique!.

E vaia onde vaia sempre atopo algo interesante que me fai querer ser do país, inda que so sexa un tempiño, que despois pasan os efectos da camuflaxe e un volver ser o que sempre foi.

Estos días, como queren que llelo diga, eu quero ser navarro.

Dun tempo a esta parte de cando en vez o meu corpo pídeme que lle meta o dente a determinadas cousas e non me queda máis remedio que facerlle caso. É como cando me saca a pasear o can (Panchito cando hai confianza, Don Francisco para outros) e se pon a pacer na herba. ¿A ti tamén cho pide o corpo, non, compañeiro? lle digo mentres o can me mira fixamente por se lle vou botar unha salchicha non perderlle a pista.

As verduras son una desas cousas que de me pide o corpo de cando en vez. Pero o de hoxe é diferente. Hoxe eu quero ser navarro e volver comer eses espárragos, as menestras ou os cogollos que nos puxeron a semana pasada en Tudela. Impresionante a materia prima e impresionante a preparación.

Por comer ata comín, e con gusto, alcachofas, que nunca foron prato da miña devoción.

En fin, cousas de chocos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *