Noma

Das cálidas ribeiras do Mediterráneo ás beiras xélidas do  Báltico so hai un paso. Escaso, din os que coñecen ben a cociña de René Redzepi, e que a definen como unha evolución da de Ferrán Adriá.

O discípulo pasou ao mestre e quitoulle o trono mundial, así que Adriá segue en cabeza, inda que sexa por delegación e evolución. Noma, xa o saben vostedes, é o novo “mellor restaurante do mundo” deixando a El Bulli no segundo posto.

– Segundo quen?

Pois segundo un grupo indeterminado e indefinido de xentes que, cuns criterios que me son descoñecidos, votan cada ano polas súas preferencias para que unha revista inglesa faga negocio.

– Vese que está vostede moi informado

Con algo hai que entreterse en primavera. Despois no outono teremos tempo de mirar as estrelas, que é o mesmo pero ao servizo doutros.

– Cuestión de fe, logo

Mire, isto das versións inventouno a igrexa hai unha chea de séculos. E non lles foi mal. Fíxese en que hai catro evanxeos canónicos, aos que se suman os apócrifos que deberon ser coma os blogs da época, non aceptados pola xerarquía.

Pois nesto das guías e os rankings a cousa venlle ser o mesmo. Están os que a xerarquía bendice, os que combate e os que pasan desapercibidos.

– Xa, e ¿a que viña toda esta conversa?

Home, que Noma é o novo mellor restaurante do mundo.

– Xa!.

En serio: Capítulo Cero, El Pingüe, Salsa de Chiles

3 thoughts on “Noma

  • 27 de Abril de 2010 at 23:24 11Tue, 27 Apr 2010 23:24:40 +000040.
    Permalink

    La manera de ejercer el voto me parece que deja fuera a muchos y lo que opino de la guías es de sobras conocido. Tendremos que ir a la pradera de Copenhage un día destos, no? Antes de que se convierta en Fundación claro. ¿El dialogo es con el Sr. Ansón??

    Reply
  • 28 de Abril de 2010 at 08:43 08Wed, 28 Apr 2010 08:43:17 +000017.
    Permalink

    Mis diálogos, Xesco, son siempre con Filomeno Petisuis, un individuo rural y retranquero.
    La última vez que estuve en Copenhague no había Noma, pero con Noma o sin Noma volvía en cualquier momento.

    Reply
  • 28 de Abril de 2010 at 19:47 07Wed, 28 Apr 2010 19:47:23 +000023.
    Permalink

    A ver, ho, para que eu me entere dunha vez: iso do nomeamento do mellor cociñeiro do mundo non ven sendo algo así como o dos Oscar, o como cando nomeaban ao Emperador do Sacro Imperio?? Ou sexa, uns ghichiños autoproclamados altos electores deciden outorgar un galardón. Vale, ata aí de acordo. E logo, se a ninguén no seu sano xuízo se lle ocorre dicir que o gañador dos oscar (ou sexa, Avatar) é o mellor filme mundial do ano, de que carallo presumen estes?.
    E o que estou a ler por algures (é que un é masoquista, e nestes intres máis) de que o Mestre tiña que ter renunciado a participar, resúltame simplemente inefábel.
    (xa sei que os meus comentarios alteran este apacíbel entorno de sapiencia e bonhomía, jefe, pero que quere: non teño ánimo para escribir no meu, pero estou alterado de máis para estar calado. desculpas)

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *