Pedro Morán acusa de plagio a los cocineros gallegos

Que as cociñas catalana e vasca, ou vasca e catalana, míreno como queiran, son as dúas grandes referencias en España non hai dúbida ningunha, pero ¿cal é a terceira?.

Se miramos o que contan uns e outros en xornais, revistas e blogs, o que se fala e se ve nos congresos gastronómicos que teñen lugar por todo o país, Galicia é unha das comunidades que con máis forza opta a ese posto. E por produto o posto é galego sen ningún xénero de dúbidas.

Claro que cada un tira para a casa, como se pode ler na transcrición do debate organizado polo xornal asturiano El Comercio. Os asturianos tiran pola súa terra e colocan a súa cociña nun triángulo con Cataluña e País Vasco. Xosé Manuel Vilavella toma unha postura intermedia, xa que por moito que leve medio século vivindo en Asturias non esquece que é galego e iso seguramente lle sirve para coñecer a realidade galega mellor que ao resto de contertulios.

Pero, ¿qué pensarán os cociñeiros galegos das palabras de Pedro Morán? tomo directamente ditas palabras da web de El Comercio, sen quitar nin poñer coma. ¿De verdade dixo iso?

“-P. M.: Y los demás, puedo decir y digo que hace pocos años todos los gallegos pasaron por mi casa, y todos están plagiando lo que nosotros hacíamos, como la sardina a baja temperatura, la ostra…”

One thought on “Pedro Morán acusa de plagio a los cocineros gallegos

  • 25 de Abril de 2010 at 19:24 07Sun, 25 Apr 2010 19:24:42 +000042.
    Permalink

    Mire, eu xa avisara (profeta que é un) que os veciños tiñan perigo abondo para encher un carro de estrume. Vexa se non o histórico post alusivo (por se non o lembra: http://etxeoquehai.wordpress.com/2009/07/18/vecinos/). Nada do que podan dicir algúns sorpréndeme, que un xa está afeito a ese tipo de dialécticas.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *