3 thoughts on “¡Cómo cambian los tiempos!

  • 23 de Abril de 2010 at 13:02 01Fri, 23 Apr 2010 13:02:25 +000025.
    Permalink

    Millón de gracias por compartir a súa intervención (máis ou menos) cos que non podemos viaxar. Haille moito para reflexionar e moito para debatir nese texto, cousas nas que coincido plenamente e outras nas que discrepo non menos radicalmente (xa sabe que eu non teño apego ás medias tintas). Se podo, teño tempo e sobre todo ánimo gostaría de comentar unhas e outras nun vindeiro post na miña leira. Sen non, vaia por diante que as miñas discrepancias van pola banda de considerar o universo dos blogs alimentarios (desculpe, non só gastronómicos por non limitar o alcance) dende o prisma da oportunidade de negocio, a profesionalización e/ou o traballo regular. Aínda recoñecendo a lexitimidade e o rigor con que os profesionais (ou unha maioría polo menos) facedes o traballo, convén non esquecer que existe unha lexión de “aficionados” nesto do blogeo, pero profesionais no sector e afíns, que fan (facemos) todo isto por un mero afán de comunicación, sen prespectiva comercial ningunha 8por amor-al-arte, vamos). Ao final o resultado do traballo é ás veces de inferior calidade simplemente por teren que dedicar soamente o tempo de lecer, pero en moitas ocasións a orixinalidade no enfoque ou a propia aportación de coñecemento propio mellora notábelmente o resultado. Penso polo tanto que se dá unha certa inxustiza ao falar exclusivamente dos “profesionais” (xa ve que ando susceptíbel).
    O outro obxecto de discrepancia refírese ao concepto de refrito e á cita das fontes. Neste tema penso que se debe fiar máis fino. Non coñezo traballo ningún, nin xornalístico nin científico, dos últimos digamos 500 anos, que non sexa unha continuación de ideas, conceptos ou informacións previos ao propio traballo. Nas publicacións científicas adóitase encher o texto de notas ao pé, pero penso que isto resultaría absurdo nun blog. Outra cousa é a fagocitose que fan algúns jetas, que aí lle dou toda a razón. O outro día, sen ir máis lonxe, procurando datos sobre un tema de azucre invertida que precisaba para o meu traballo, din en revisar a información da rede e atopei que debeu haber un pobre tipo que se escornou facendo un traballo máis ou menos ben documentado, e non menos de 30 páxinas que o recollían textualmente, sen citar a orixe. Coño, menos mal que pensaba escribir un post. Agora xa non fai falla. Un saúdo.

    Reply
  • 01 de Maio de 2010 at 16:59 04Sat, 01 May 2010 16:59:07 +000007.
    Permalink

    Para nosotros, fue un placer el poder estar alli y escuchar tu intervención, tu voz y todo lo que transmitiste.

    Además, fue estupendo el poder mantener una converasción sobre los productos sin gluten mientras viajábamos hacia Las Bardenas.

    Siempre es un placer gozar de tus conocimientos y de tu compañía.

    Besotes y abrazos.

    Ana y Víctor.

    Reply
  • 03 de Maio de 2010 at 17:07 05Mon, 03 May 2010 17:07:48 +000048.
    Permalink

    Ana, Víctor, seguid así porque estais consiguiendo sensibilizar a mucha gente que desconocía la existencia de alergias alimentarias

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *