Menú Xacobeo e pementos “de Padrón”

O dos pementos de Padrón non ten nome. O que con eles fan algúns hostaleiros si, pero non me atrevo a poñelo aquí expresamente non vai ser que acabe no xulgado.

O conto é que hai uns días o Club Gastronómico Rías Altas, composto por diversos restaurantes, presentou en Santiago o “Menú Xacobeo” que van servir este ano. Como padriño do menú actuou o conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, Roberto Varela, que ten o turismo entre as súas competencias, así que a cousa estaba xustificada.

O menú, polo que leo no xornal, comporase de empanada galega, polbo á feira, pementos de Padrón e pescada á galega. Nada que obxectar, un menú galego ao cento por cento.

Pero leo nos xornais que no acto de presentación serviuse o devandito menú. ¿E de ónde carallo sacaron os pementos de Padrón?. Posto en contacto co presidente do Consello Regulador da denominación de orixe Pemento de Herbón, confírmame que todo vai ben e que as pementeiras xa teñen flor, pero que os primeiros pementos non van chegar ao mercado ata finais de maio, xa que a sementeira se realizou un pouco tarde por mor das malas condicións climatolóxicas do inverno. O retraso vai ser, como moito, de quince días, xa que habitualmente ata mediados de maio nunca aparecen os primeiros.

De paso o presidente do Consello Regulador confirma que xa hai máis de 40 produtores inscritos no rexistro, que non se pecha ata finais de mes, así como tres envasadoras.

Así que xa o saben, a finais de maio teremos os primeiros pementos D.O. Herbón no mercado. A partir de entón queda claro que todo o etiquetado como D.O. Herbón é pemento lexítimo. O que apareza coa etiqueta de pemento de Padrón pode que o sexa ou pode que non, inda que é máis probable a segunda opción. Nese caso recoméndolle que mire ben o etiquetado a ver que procedencia indica.

Entrevista a José Ramón Torreira, presidente D.O.P Herbón en A vivir que son dos días Galicia (Cadena SER)

10 thoughts on “Menú Xacobeo e pementos “de Padrón”

  • 19 de Abril de 2010 at 11:50 11Mon, 19 Apr 2010 11:50:20 +000020.
    Permalink

    “Menú Jacobeo”, “pimientos de Padrón”, cultura galega (que seica inclúe a gastronomía e o idioma?): ao Sr. Varela LE IMPORTAN UN PIMIENTO.

    Reply
  • 19 de Abril de 2010 at 12:17 12Mon, 19 Apr 2010 12:17:41 +000041.
    Permalink

    Ya hace días que los susodichos pimienticos aparecen por doquier. Ayer sin ir más lejos los ofrecía en la tv (española) a una presentadora y yo me hice la misma pregunta ¿Ya están aquí? Un poco pronto quizás pero no me extrañó. Ahora ya veo que mi sospecha era cierta. Gracias por el articulo sr. Vila.

    Nos vemos en Tudela espero. Un saludo.

    Reply
  • 20 de Abril de 2010 at 08:27 08Tue, 20 Apr 2010 08:27:43 +000043.
    Permalink

    Home, eu supoño que é unha homenaxe á contribución do mundo árabe á historia compostelá. Daí a participación dos pementos e o polbo marroquinos, que o da ría vai caro e tampouco hai que se poñer repunantes.

    Reply
  • 20 de Abril de 2010 at 09:11 09Tue, 20 Apr 2010 09:11:26 +000026.
    Permalink

    un saludo don Miguel.
    el Domingo en la “feira”,ya habia algun puesto con pimientos
    de “Padron”,para aprovechar el tiron de los “pelegrinos” de
    autobus que visitan la villa.
    La mayoria vienen de Portugal y de la zona de Cambados.
    enrique castillo.

    Reply
  • 20 de Abril de 2010 at 09:41 09Tue, 20 Apr 2010 09:41:49 +000049.
    Permalink

    Mestre eSedidió, alégrome de velo tan incisivo coma sempre.
    Maestro Enrique, en Padrón debería haber una policía especial que controlase el tema. Y no lo digo en broma.

    Reply
  • 20 de Abril de 2010 at 18:22 06Tue, 20 Apr 2010 18:22:51 +000051.
    Permalink

    tiene razon don miguel,pero luego tiene a los
    de los puestos que se te hechan encima como lobos
    aludiendo el libre comercio,que se ejerce en las
    “feira”,quizas mas culpa tiene el comprador que
    con esto de la crisis mira mas el precio,que la
    calidad y si hay una “paisaniña” que vende pimientos
    con la bolsa oficial a 6€ y la de dos pasos mas adelante
    las vende a 1.5€,piense que nadie dira nada y los dara por
    buenos y eso son ,entre 30 a 40 autocares,los domingos
    que se llevan bolsas para todas las comunidades de españa.

    Reply
  • 21 de Abril de 2010 at 18:17 06Wed, 21 Apr 2010 18:17:49 +000049.
    Permalink

    Enrique, esperemos que el Consejo Regulador tenga la cabeza suficientemente bien amueblada para conseguir explicarle a la gente la diferencia entre unos y otros. Porque sino el cultivo en la zona lo va a tener muy difícil.

    Reply
  • 22 de Abril de 2010 at 08:51 08Thu, 22 Apr 2010 08:51:11 +000011.
    Permalink

    Y mi pregunta, con total ignorancia del tema es: realmente hay diferencia entre los pimientos de 1,5€ y los de 6€, o es que están aprovechando la denominación de origen para “cobrar lo que quieren”…

    Reply
  • 22 de Abril de 2010 at 09:24 09Thu, 22 Apr 2010 09:24:39 +000039.
    Permalink

    el sabor,en el pimiento de Padron,tiene mas “matizes”,en comparacion con loa “falsos”.eso como si en vez de comprar
    un DVD original en tienda.lo compras en el topmanta.
    El precio aunque parezca caro,influye en la recoleccion manual y artesana del producto y donde cada “pimenteiro” tenga unos ingresos que pueda vivir,el verano pasado,con
    la crisis y la falta de respuesta de la gente,se podian comprar a 1.5€ ,ademas con al denominacion en puertas,las
    zonas de cultivo,se extiende casi por todo el valle del Sar.

    Reply
  • 26 de Abril de 2010 at 22:35 10Mon, 26 Apr 2010 22:35:16 +000016.
    Permalink

    Custan 6€ os primeiros pementos. O ano pasado, os pementos de herbón da Pementeira valían na Coruña arredor de 1 € máis a bolsa que outros galegos. Para comprendermos a diferenza abonda con botarlle unha ollada a un cubo de lixo dunha envasadora de Herbón, cheíña de pementos que non cumpren os seus propios estándares. No que atinxe aos de fóra (Murcia ou Marrocos) o rendemento por ha debe andar polo triplo. Tamén é verdade que, unha vez probados, toda semellanza é mera coincidencia.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *