“Percebesdascíes” e “Navallasdascies” novas marcas de calidade para o marisco galego

Percebes y navajasUn bo etiquetado é fundamental para que o consumidor coñeza o que merca e leva para a casa. Polo menos o consumidor que se preocupa de algo máis que do prezo do que merca e consume.

As normas legais que regulan o etiquetado dos alimentos, frescos ou transformados, semella estar feita a gusto da gran industria e das grandes cadeas de distribución, máis que ao servizo dos consumidores, así que mal empezamos.

Os grandes produtores e as grandes cadeas de distribución no que están interesados é no rendemento económico dos seus negocios. Os consumidores son para eles tontos útiles que non é preciso manter informados, vaia, mellor mantelos mal informados ou desinformados.

Quédannos so os pequenos produtores, que son os máis interesados en conseguir que os seus produtos se etiqueten correctamente e, ao mesmo tempo, os que menos recursos teñen para conseguir que así sexa.

En Galicia o mundo do mar semella nos últimos tempos estar especialmente sensibilizado con este asunto e busca fórmulas para conseguir que as nosas materias primas cheguen ao mercado perfectamente identificadas e que sexa o consumidor o que elixa. “PescadeRías” foi unha marca nacida na anterior lexislatura como proxecto da entón Consellería de Pesca. Pero hai exemplos que nacen directamente do sector produtor, como “Polbo das Rías“, a marca de calidade conque a confraría de Bueu identifica o polbo capturado pola súa flota en augas galegas. Ou “Pescaldía” a marca coa que dende Ribeira se comercializa peixe do día listo para consumir.

No verán teremos no mercado dúas novas marcas de calidade para os produtos galegos da pesca: “percebedascíes” e “navallasdascíes”. Ambas marcas están xa rexistradas pola confraría de Cangas, que está agora montado as estruturas necesarias para poñelas no mercado, posiblemente no mes de xuño.

Así que cando vexa percebes e navallas identificadas con esa marca saiba que se trata de marisco galego e non procedente de Marrocos ou Holanda. O prezo non vai ser o mesmo, pero a calidade dos percebes e as navallas galegas non teñen nin punto de comparación cos outros.

Entrevista en A vivir que son dos días Galicia (Cadena SER).

One thought on ““Percebesdascíes” e “Navallasdascies” novas marcas de calidade para o marisco galego

  • 14 de Abril de 2010 at 08:44 08Wed, 14 Apr 2010 08:44:07 +000007.
    Permalink

    Soy cliente de Pescaderias y es un lujo trabajar con producto de esta calidad

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *