A rosa do viño

Os días libres da Semana Santa permitíronme volver a ler “A rosa do viño. Cultura do viño en Galicia” do historiador Xavier Castro. Digo volver a ler porque, malia que o libro saíu á venda hai so uns días, xa é a segunda lectura que faigo do mesmo, inda que a primeira foi en formato pdf e bastante antes de que entrara en máquinas. Agradezo, polo tanto, a deferencia de Xavier que quixo coñecer a miña opinión sobre o texto antes de que se imprimise o libro.

“A rosa do viño” é unha obra imprescindible para os amantes da cultura do viño en xeral, pero moi especialmente para quenes queiran sabelo case todo sobre o que o viño representou para Galicia e os galegos ao longo do tempo.

Datos históricos de tódolos tempos, anécdotas referidas en ducias de entrevistas realizadas polo propio autor, referencias tomadas de outros libros sobre o tema, a presenza do viño na literatura galega… todo, ou case todo, está neste libro, sen duda a obra máis completa que coñezo sobre a materia. Sen dúbida un libro de consulta permanente para os amantes da cultura do viño e da cultura galega.

O libro foi editado por Galaxia, cun prezo de venda ao público de 24,50 euros

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *